O vindeiro sábado 16 de maio, tera lugar nos campos de Abegondo o XII Torneo R.C Deportivo da Coruña- Liga BBVA, neste torneo participarán 144 equipos, dos cales 82 seran Benxamíns e entre eles estara o noso Benxamín “B”, os benxamins estaran divididos en 21 grupos.
A primeira fase sera polo sistema de liga a unha volta, e os que pasen disputaran eliminatorias a un partido, seran os dezaseisavos de final para os que se clasificarán os campions de grupo e os11 mellores segundos.E asi seguiran as eliminatorias ate chegar a final, que sera as 20:15h no campo 1A, a destacar que os partidos disputaranse en once campos, todos de herba natural.
O noso equipo terá estes enfrontamentos na fase de grupos:
- 12:00 H Campo 6B Catoira – Naron Freixo “B”
- 12:20 H Campo 6B Caldas – Naron Freixo “B”
- 15:00 H Campo 7A Santa Mariña “A” – Narón Freixo “B”
Moita sorte a todos e a disfrutar deste Torneo.
E a continucion deixamosvos os enlaces de toda a informacion do Torneo e da oferta de Restauracion dispoñible nos campos de Abegondo.