VISITA NA ESCOLA

 

VISITA EN RIO SECO

 

O vindeiro xoves, día 2 de marzo de 2017, as nosas instalacións de Río Seco recibirán a visita de MIGUEL ÁNGEL SANTISO MOSQUERA (KUMAN), xogador de futbol e futbol praia. Desde as 18:30 (aproximadamente) e durante unhas horiñas, falará cos nenos da nosa escola.

Entre outros clubs de Fútbol, MIGUEL ÁNGEL SANTISO MOSQUERA (KUMAN),  xogou no URAL, CF, ORILLAMAR, SD, CALASANZ, RACING DE FERROL, NARÓN, BETANZOS, DUBRA, ATL CORUÑA,……en Futbol Praia, Milán, Roma, Santos, Macabbi Netanya e Nápoles.

En premios individuais, foi MVP na liga de Israel e MVP euro beach Sanxenxo e conta na súa Palmarés con 3 Copas de Europa, 2 Qualifier Clasificatorios, 1 Subcampeonato do Mundo, Liga Italiana co Milán.

Debutou coa selección Española de Fútbol Praia no Mundial de Marsella de 2008 con tan só 16 anos.