ULTIMOS DIAS DA SEMANA SOLIDARIA

Xa estamos no ecuador da Semana Solidaria que o Clube de Atletismo Narón está a organizar xunto co SDCR Narón Freixo. Toca agora dar o tiron final para acadar o máximo de recursos, que fagan que este comezo de ano sexa menos duro para todas esas persoas que o estan pasando mal no noso Concello. Non fai falla traer o coche cheo de cousas queremos acadar que cada nai, pai, avo, e cada neno que veña por Rio Seco ou polo Pavillon das Lagoas veña cun paquetiño de quilo,unha botella de aceite, un pack de potitos ou leite de bebe para doar, un pequeno xesto para entre todos facer un gran xesto solidario a aqueles veciños que peor o estan pasando nestes tempos de crise.Moitas grazas a todos.