TORNEOS FIN DE SEMANA DO 6 DE XUÑO

Fin de semana de Torneos, Pontedeume e Viveiro foron os destinos dos nosos equipos.

O sábado os alevíns disputaron o Torneo da EF de Viveiro pero parece que o frío,e a choiva non foron aliados dos nosos neste Torneo onde o equipo caeu na fase de grupos. A Pontedeume viaxou o Prebenxamín “B” o sábado e aquí o calor foi o gran protagonista do dia onde os nosos xogadores tampouco acadaron pasar da fase de grupos.

Xa o domingo o Benxamín “C”. disfrutou dun dia de calor as beiras do Eume pero non foron capaces de pasar da fase de grupos.

Mellor sorte disfrutou a nosa expedición a Viveiro do domingo. Onde o Prebenxamín “A” e o Benxamín ”B” despois dun fantástico Torneo acadaron os dou a mesma clasificación 3º cada un na súa categoría. E o prebenxamín Miguel Burgos Ramos acadou o Trofeo o máximo goleador da súa categoría.

Fin de semana intenso, onde as boas sensacións as veces non se converteron  en bos resultados, pero onde os nenos  pasarono ben e deron un paso mais na súa formación.