Torneos desta pasada fin de semana

Esta fin de semana, os equipos de Fútbol 8 do Narón Freixo, competiron o longo e ancho de toda a provincia da Coruña.

A Cariño foron os Alevins a disputar o Torneo de Convivencia da súa categoría pero debeu de ser o Nordés, o que fixo que non pasasen a fase de grupos. Xa o dixo Filipe II,o Nordés nunca sopra a gusto de todos.

O Benxamín B foi a terras coruñesas  a disputar o Torneo do RC Deportivo da Coruña e a pesares de xogar a un altísimo nivel, non conseguiron pasar a primeira fase da competición.

Xa o domingo o Benxamín A e Prebenxamín A foron a Oroso, non a Festa da Troita que xa foi fai unha semana, senón a disputar o afamado torneo que organiza o Xuventude de Oroso. Os nosos nenos do Benxamín A pasaron a fase de grupos pero foron eliminados na primeira eliminatoria da segunda fase, case sempre ademais de xogar ben necesitase unha pouca de sorte para sacar adiante estes partidos de so 20 minutos.

E deixamos para o final a que foi a mellor competición desenrolada polos nosos equipos nesta fin de semana, a do Prebenxamìn A que logrou o cuarto posto en Oroso.

 Gran esforzo o de todos estes nenos, que o deron todo nestes partidos , e moita sorte en vindeiras competicións.