TORNEO EUME DEPORTIVO. CATEGORIA PREBENXAMIN

 

TORNEO EUME DEPORTIVO. CATEGORÍA PREBENXAMIN

O sábado día 4 de xuño, o noso PreBenxamín A disputaba o Torneo de Eume encadrado no grupo Neda e o Galicia de Caranza.

Ás 10.30 horas, comezaba a competición para os nosos pequenos contra os nenos do Neda. Nun partido moi igualado, con dominio alterno durante os primeiros minutos do encontro, chegábase aos instantes finais nos cales, un penalti mais que dubidoso, sinalado a favor do Neda, poñía o 1 a 0 no marcador. Este gol, caeu como un xerro de auga fría para os pequenos do Freixo, que acabaron recibindo outros dous goles que, ao cabo, deixaban moi complicado o pase á seguinte rolda.

O segundo partido que nos enfrontaba ao Galicia de Caranza foi totalmente distinto, e os nosos pequenos dominaron de principio a fin, chegando ao final do encontro cun resultado de 4 a 0 a favor, con todo, non era suficiente e, quedaban fóra da seguinte fase pola diferenza de goles.

Gran Torneo do noso PreBenxamín A, que competiron en todo momento e, só a mala sorte fixo que non puidesen superar a primeira fase.