TORNEO DE CONVIVENCIA CATEGORIA ALEVIN GRUPOS 22, 23 e 24

 

TORNEO CONVIVENCIA ALEVIN GRUPOS 22, 23 E 24

 

O fin de semana do 27 ao 29 de maio, tiña lugar no campo de Meirás o torneo de convivencia da categoría Alevin, no cal participaron os equipos A e B do Narón Freixo.

Ás 17.35 horas do venres, comezaba o primeiro dos partidos de 20 minutos que enfrontaba aos Alevíns B contra o Cedeira B, con resultado favorable de tres goles a cero. Bo comezo dos nosos nenos que, nun segundo partido moi disputado, conseguían impoñerse por 2 a 1 ao Galicia de Mugardos. No último partido de grupo, tamén conseguían derrotar ao Libunca con 3 goles a favor e 1 en contra e a clasificación para oitavos como primeiros do seu grupo.

O sábado, entraba en liza o noso Alevin A e despois dun bo primeiro partido, contra o Eume B, ao que se conseguían impoñer por un 3 a 0. No segundo partido do grupo, o Racing D, tampouco era quen de facer frenta aos rapaces do Freixo que con dous a cero, plantábanse no último partido contra o Galicia con moitas opcións de meterse en oitavos como primeiros de grupo e non defraudaron. Cun axustado 1 a 0, deixaban resolto o pase para o domingo, onde lles esperaba o Perlio.

O Alevin B, abría os partidos de oitavos de final do domingo ás 10.00 da mañá e, baixo a choiva e nun terreo moi pesado, adiantábase no marcador cun gol á saída dun corner. Con todo, nun par de xogadas illadas, eran os de Neda os que conseguían darlle a volta ao partido e pechar o pase a cuartos de final. Bo torneo dos Alevíns, que non puideron superar a fortaleza dos alevíns de segundo ano do Neda.

O noso equipo Alevin de segundo ano, conseguía impoñerse no seu partido de oitavos de final ao Perlio, despois de chegar ao final dos 20 minutos sen que se movese o marcador e a lotería dos penaltis, favorecéunos nesta ocasión.

En cuartos, esperaba o Animas, ao que conseguían gañar por un contundente tres a cero, para plantarse en semifinais e derrotar polo mesmo resultado ao Galicia de Caranza D.

Chegabamos á final moi cansos, cun terreo de xogo embarrado despois de toda a choiva caída durante o fin de semana e, o Galicia de Caranza B, conseguía adiantarse no marcador. Con todo, os nenos do Freixo non se rendiron en ningún momento e, despois dun gran esforzo, conseguían darlle a volta ao partido e, impornerse por tres goles a un. Soaba o asubío final e conseguían levantar a ansiada Copa. Un gran premio, despois dunha gran tempada. Parabén aos Campións!!!!!

Delegado: Ricardo. Entrenadores; Juanma e Javi. Plantilla (arriba de esquerda a derita): Borja, Antón, Dani e Lucia.

Abajo: Ri, Aimar, Brais Doce, Llerai, Sete e Migui.  – Michi, Álvaro e Rubén –