SEMANA SOLIDARIA DO 6 O 14 DE DECEMBRO

Do 6 ó 14 de decembro a SDCR Narón Freixo e o Club Atletismo Narón desenvolverán unha campaña de recollida de alimentos non perecedeiros, xoguetes e produtos de hixiene persoal para a súa doazón ó Centro de Recursos Solidarios do Concellode Narón.

            Tratase dunha campaña para a formación en valores dos nosos nenos, xa que dende estas Sociedades queremos formar a boas persoas, honestas, íntegras, humildes, responsables, respetuosas ca diferencia, críticas ca inxustiza e sobre todo solidarias co que está pasando por un momento de crise, xa sexa persoal ou económica.

            Por iso pedímosvos que durante os días que dure esta campaña os nenos e os maiores que vaiamos tanto o Estadio de Río Seco ou ó Pavillón das Lagoas, xa sexa os días de adestramento ou os días dos partidos levemos a nosa aportación á campaña, pequenos xestos individuais que axudarán a pasar mellor o día a día a aqueles que peor o están pasando nestes anos de crise.

Moitas grazas a todos de antemán, agardamos que esta Semana Solidaria sexa un éxito ca axuda de todos