SELECCION GALEGA SUB-12 FEMENINA

 

XVI CAMPIONATO NACIONAL DE SELECCIONS AUTONOMICAS SUB-12 FEMENINO

 

 

LAURA TESTA ROCA xogadora da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, foi elexida entre as catorce xogadoras que defenderán a selección Galega na disputa do XVI CAMPIONATO NACIONAL DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS SUB 12 FEMENINA. Despois de formar parte en todos os adestramentos semanais coa selección, chega o premio o esforzo, o traballo e a dedicación.

Hai que destacar, que é a única xogadora da Comarca que poderá defender as cores da nosa selección en GUADARRAMA, do 21 ao 23 de Abril.

Han sido xa, catro tempadas vendo como crece deportivamente na familia do Freixo, dende Benxamins que empezou a dar os seus primeiros pasos no mundo do fútbol, coincidindo co nacemento do NARÓN FREIXO en fútbol campo.

Os seus compañeiros na categoría Alevin, todos os xogadores do clube, os adestradores, a directiva e toda a familia do NARÓN FREIXO, súmanse nos parabéns e desexalle moita sorte no campionato.

NORABOA LAURA

 

 

SELECCIÓN GALEGA SUB-12 FEMENINA