SEGUNDA XORNADA III COPA GALLAECIA

A segunda xornada da III COPA GALLAECIA tivo lugar no Estadio Rodríguez Lago de Lugo, o pasado sábado. A S.D.C.R. NARÓN FREIXO, encadrado no grupo B, disputaba os seus partidos fronte o VIAJES INTERRÍAS F.F. e C.P. MIXTA FRIOL.

Primeiro partido 2-1
Primeira parte disputada sen demasiadas ocasións, maior dominio do Freixo saíndo desde atrás e xogando en zona de creación pero sen lograr xerar ocasións claras.
A segunda parte comezou cun dominio maior do Freixo, agora se xerando ocasións, non chegando aínda asi o primeiro ata o minuto 13 no que Laura mete unha falta desde a frontal definindo ao carón co interior aproveitándose da mala colocación de barreira e porteira rival. O partido continuaba igual ata que no minuto 20 unha xogada con varios rebotes é aproveitada por Maria Diaz que ponia o segundo de cabeza. Co 2-0 o Interrias comezaba a apertar a base de empuxe e conseguia o 2-1 a dous minutos do final mediante unha falta frontal que a defensa non acerta a despexar e empuxa a pracer unha xogadora do Interrias.

Segundo partido gañamos 2-0
Partido dominado completamente polo freixo, que dispuxo de continuas ocasións xa na primeira parte para irse por diante no marcador. A destacar unha internada por banda dereita de Olivia que consiguio finalizar saíndo por pouco por encima do traveseiro e dous minutos mais tarde outra internada por banda tambien pero neste caso era Maria Diaz por banda esquerda que realizo un potente disparo pero algo centrado que rechado a porteira do Friol cunha boa parada.
Na segunda parte seguíanse dando distintas ocasións, a mais clara unha de candea que recolle un rexeite preto da porteria pero o seu disparo é despexado de novo pola porteira. O gol chegaria no minuto 12 mediante un penalti perfectamente executado por Laura e no minuto 18 sentenciaría Sofia Fraguela cunha gran accion individual e definindo perfectamente ao pau longo desde a frontal.

Noraboa o equipo adestrado por MARCO e CARLOS, que despois de catro partidos, leva tres victorias e unha derrota.

A seguinte xornada, terá lugar o vindeiro sábado, día 8 non campo de Sinde, non Val.