RESUMEN XORNADA 29.02.2020 – 01.03.2020

Último fin de semán de febreiro, despois do descanso no fin de semán do Antroido, volta as competicións locais e rexionais dos nosos equipos, tanto no fútbol como no fútbol sala e continúan os adestramentos das seleccións. O mércores, 4 de marzo, a selección galega femenina SUB-12 de fútbol, convoca a AITANA VELLÓN CARRASCOSA para o adestramento que terá lugar as 17.30 horas nas instalacións de USC de Santiago de Compostela. Así mesmo, a xogadora do FREIXO, repite convocatoria o venres, o ser convocada para un adestramento coa selección Alevín de fútbol sala.

PARABÉNS!!

 

Aitana Vellón Carrascosa

Na xornada do fin de semán, os máis pequenos da casa, continúan dando os primeiros pasos nunha competición, coa Liga dos biberóns, nesta xornada tocaba partido contra os biberóns do Parrulo. Xa nas Ligas locais, destacan os bos resultados dos nosos equipos pre-benxamíns e o bo partido realizado polos benxamíns de Pablo Caaveiro.

 

As competicións de fútbol continúan, xa entramos no mes de marzo e os equipos da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO continúan paso a paso nos súas respectivas competicións. Nesta xornada, destaca o bo partido disputado polo noso equipo infantil de Liga Galega que acadaba un valioso empate no Estadio Municipal de Río Seco, frente o Viveiro. Como cada semán, aquí tedes o resto dos resultados da xornada.