RESUMEN XORNADA 25.01.2020 – 26.01.2020

Como cada semán, os contamos as novas dos nosos equipos nas diferentes categorías tanto do fútbol, como do fútbol sala. Continúan os adestramentos das das seleccións, tanto Ferrolanas, como Galegas. Esta semán, temos os seguinte convocados:

LAURA TESTA ROCA, convocada para o adestramento da selección Galega Sub-15 o vindeiro mércores as 17:30 horas no Campo Universitario USC de Santiago de Compostela.

Na categoría Sub-11 de fútbol, temos adestramento o martes, día 28 nas instalacións da Gándara, as 19:00 horas. Esta semán, están convocados:

AARON OREONA CRESPO

DANIEL SANTOS LAGO

MARCO DURÁN CASTRO

Na categoría Sub-13 de fútbol, foron convocados para un adestramento o martes, día 28 as 19:00 horas na Gándara:

SERGIO TAJES SILVA

SERGIO BAAMONDE RAMOS

DIEGO LÓPEZ MORALES

JAVIER VÁZQUEZ LÓPEZ

Na xornada de Liga, no fútbol sala, destaca o empate conseguido polo infantil B do Freixo. Despois dunha primeira parte onde o resultado era de tres goles a cero en contra, nunha gran segunda metade, os rapaces que adestra Emilio, conseguían igualar o partido e, a piques estaban de levar os tres puntos, para celebrar o cumple anos do porteiro David Martínez que invitaba os compañeiros a pasteles no vestiario o remate do encontro.

Infantil B – Fútbol Sala

Aquí tedes, os resultados da xornada de fútbol sala, en todas as categorías da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO.

Nos partidos de fútbol, destacamos o empate acadado polo prebenxamín A no Estadio Municipal de Río Seco.

S.D.C.R. NARÓN O FREIXO A – GALICIA DE CARANZA A.

O pasado venres o equipo prebenxamin A voltou a xogar en Río Seco nun partido moi disputado de principio a fin, con boas ocasións de gol, sen embargo, unha vez máis cunha plantilla curta o aspecto físico pasou factura e no tempo de desconto o equipo visitante acadou o empate. Boa imaxe dos nosos, e a seguir loitando.. Este fin de semana visitamos o campo do Neda.

Na Liga Galega Promesas, o equipo adestrado por EVA, acadaba unha nova victoria, esta vez ante a ESCOLA F. LUIS CALVO por un tanto a cero, nos campos de Caraballo. As rapazas do FREIXO, nun partido moi parello, gozaron das mellores ocasións no inicio do partido e Carmela, lograba o tanto que, a postre daría os tres puntos as xogadoras de Narón. Cabe destacar a nosa xogadora AITANA que tras deixar atras a catro rivales e encarar a porteira, vota o balón fora porque unha das nenas caeu lastimada nesa mesma xogada. Compañerismo e deportividade están por encima dos resultados no fútbol de formación, sin duda esta xogada merece un gran APLAUSO. O equipo dirixido por EVA, segue nunha meritoria carta posición nesta Liga Galega.

Na Liga Galega Infantil, os rapaces do FREIXO, empataban a dous tantos no Estadio Municipal de Río Seco, frente o San Tirso. Nun partido moi igualado, os locais, abrían o marcador por medio de AXEL, tras un balón en profundidad que cruza el delantero del FREIXO ante a saída por porteiro visitante. Sen embargo, un erro defensivo, permitía o San Tirso acadar o descanso cun empate no marcador. A volta dos vestiarios, un balón ó área local, entra na porta pegado o travesaño. Todo un xarro de auga fría para os naroneses. Sen embargo, os locais non lle perderon a cara o partido en ningún momento, e a falta de menos de dez minutos, unha xogada enlazada, permite os rapaces adestrados por MARCO plantarse na frontal, NICO deixa un balón de cara para Gondar que, desde fora da área cun disparo colocado, fai inútil a estirada do porteiro visitante. Reparto de puntos e a esperar o LALÍN para a vindeira semán.

Para rematar as novas desta semán, o domingo día 2 de febreiro, comienza a XI Edición do Torneo Alevín CONSERVAS CALVO. Un ano máis agradecemos a invitación dos organizadores desta competición a nosa escola. Esperamos e desexamos que, os nosos Alevíns, disfruten do seu primeiro contacto co fútbol 11, e invitamos a toda a familia da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO a animar os rapaces o domingo, as 10:30 horas no Estadio Municipal de Río Seco e continuar as 12:30 horas, animando o noso equipo infantil de Galega para sumar os tres puntos e acadar o obxectivo da salvación.