RESUMEN XORNADA 25.01.2020 – 26.01.2020

Comenzamos febreiro, cunha xornada cargada de novas. En primeiro lugar, continúan os adestramentos das seleccións nas diferentes categorías de fútbol. O martes, día 4 as 19:00 horas, a Sub-13 masculina de Ferrol adestrará nos campos da Gándara e o seleccionador, convocou a:

JAVIER VÁZQUEZ LÓPEZ

SERGIO BAAMONDE RAMOS

A mesma hora, na Gándara, adestrará a selección Sub-11 masculina e na convocatoria deste semán, están:

AARON OREONA CRESPO

DANIEL SANTOS LAGO

LAURA TESTA ROCA, foi convocada para o partido de preparación entre a selección Galega Sub-15 e a S.D. COMPOSTELA cadete, as 17:30 horas no Campo Universitario USC de Santiago de Compostela.

No fútbol sala, MATEO PITA PITA foi convocado o venres, 7 de febreiro as 18:30 horas, para o Adestramento da Pre-Selección Galega Alevín Mixto no Polideportivo Municipal de Reboredo (O PIno)

Esperamos e desexamos que disfrutedes dos adestramentos. PARABÉNS.

A primeira novedade desta semán, foi o comenzo da I LIGA FÚTBOL SALA BIBERÓN CIDADE DE NARÓN 2019-2020Na primeira xornada, os dous equipos da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, disputaban o seu partido no pavillón de As Lagoas. Os máis pequenos da casa, adestrados por REBECA, comenzan a dar os seus primeiros pasos nunha competición que disfrutan tanto os pequenos e pequenas que saen a pista, como todos os familiares.

Antes dos resultados desta xornada, a segunda novidade foi o comezo da XI EDICIÓN DO TORNEO DE FÚTBOL 11 ALEVÍN CONSERVAS CALVO, onde os rapaces do Freixo debutaban en Río Seco, o domingo as 10:15 horas, nunha mañán perfecta para disfrutar do fútbol. No seu primeiro contacto con fútbol 11, os rapaces que adestran CARLOS, JAVI e FER, disputaron un gran encontro frente o SAN TRISO, S.D. Cun equipo composto por maioria de nenos de primer ano, saíron ó campo dispostos a xogar ó fútbol. Moi ben plantados no terreo de xogo, non tardaba en chegar o primeiro gol dos locais. Galopada de Dani pola banda esquerda, entrando na áera visitante tras deixar atrás a doús defensas do San Tirso e cruzando o balón ante a saída do porteiro visitante para que, no segundo pao, empuxase a rede o primeiro gol Diego Amado, resultado co que os de Narón, chegaban por diante no marcador o descanso. Na segunda metade, ante o baixón físico dos rapaces do Freixo de primer ano, o San Tirso comenzou a dominar o encontro e conseguía marcar dous tantos para darlle a volta o resultado. Sen embargo, os locais seguían xogando un bo fútbol e unha xogada que nace na defensa, o balón chega a Jorge que abre a banda dereita, onde Carlitos mete en profundidade hacia Diego Amado que o entrar na área visitante deixa de tacón para que Matias, chegando dende atrás dispare e balón pase rozando o poste dereito da portería do San Tirso. Unha xogada, reflexo do gran partido disputado polos alevíns, onde o empate houbese sido un resultado máis xusto para a súa presentación no fútbol 11, pero que non desmerece para nada o gran encontro realizado polos locais.

 

Na xornada de fútbol sala, a victoria pola mínima dos alevíns ante o Santiago Futsal, mantén o equipo na metade da clasificación, co obxectivo da permanencia asegurado fai varias xornadas. Como cada semán, aquí temos os resultados dos nosos equipos.

INFANTIL B – FÚTBOL SALA

Xa no fútbol, o fin de semán deixounos os seguintes resultados.

Neda 1- 6 Narón O Freixo 

Gran partido dos nosos xogadores que dominaron durante todo o encontro, entrelazando boas xogadas o primeiro toque e gozando de multitud de ocasións durante todo o partido. Noraboa polo esforzo nunha tarde-noite con moita chuvia e vento. O próximo fin de semana xogamos na casa contra o Perlío.

Forza Freixo!!