RESUMEN XORNADA 18.01.2020 – 19.01.2020

Si a pasada semán, eran os alevíns sub-11 os que comenzaban a adestrar coa selección Ferrolana, esta semán, tócalle o turno os xogadores da sub-13.

Aaron, Iago e Dani

 

Antes dos resultados dos nosos equipos, tanto no fútbol, como no fútbol sala, temos que dar as felicitacións os xogadores e xogadoras da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO que siguen contando para os adestramentos das seleccións. Nesta ocasión, na categoría Sub-13 masculina, os rapaces chamados o martes 21/01/2020 as 19.00 horas na Gándara son:

SEGIO TAJES SILVA

SERGIO BAAMONDE RAMOS

DIEGO LÓPEZ MORALES

JAVIER VÁZQUEZ LÓPEZ

E na categoría Sub-15 femenina, a selección que adestra Susú Cores, volta os adestramentos despóis do gran papel realizado na primeira fase do campionato de España disputado en Bilbao. O mércores, 22/01/2020 no Campo Universitario USC, as 17:00 horas e de novo, LAURA TESTA ROCA, estará presente nesta sesión.

Na categoría Alevín Femenina de fútbol sala, o próximo mércores, 22/01/2020 no pavillón Municipal de Miño, terá lugar unha sesión de adestramento as 18:00 horas da selección galega, na que estarán presente as xogadoras:

AITANA VELLÓN CARRASCOSA

VALERIA MONTERO GARCÍA

Esperamos e desexamos que, todos e todas os convocados e convocadas disfruten desta experiencia. PARABENS!

Despóis das novas das convocatorias das seleccións de fútbol e fútbol sala, pasamos os resultados do fin de semán, comenzando polo fútbol sala, onde destacou o derbi disputado onte no pavillón de As Lagoas, entre dous dos equipos da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, no Grupo 1ª na loita polo título, nun partido moi igualado, onde a victoria final poido ser para calquera dos benxamíns.

En canto os resultados de fútbol, temos a crónica do partido disputado polo Benxamín A no estadio de Aneiros.

O Benxamín A consigue un traballado empate ante o Portuarios B.

En partido disputado na mañá do sábado 18/01/2020, o Benxamín A conseguiu empatar un partido que se lle puxo costa arriba dende os primeiros minutos.

Ó pouco de comezar, o equipo local adiantouse no marcador, a pesares desta situación desfavorable, o Freixo conseguiu controlar os nervos, manter a concentración, non lle perdeu a cara ó partido e traballou para conseguir empatar.

O Freixo trenzou boas xogadas e dispuxo de ocasións para marcar que non se materializaron, mantivo a calma, seguiu insistindo e finalmente acadou un empate como premio ó seu esforzo.

Vamos Freixo!!!!