RESUMEN XORNADA 16-17.11.2019

Xa temos os resultados dos partidos xogados este fin de semán polos equipos das diferente categorías da S.D.C.R. NARÓN FREIXO. A falta dunha xornada para finalizar a primeira fase nas categorías de fútbol 8, o prebenxamín “A”, coa sua victoria fronte o C.D. Cariño, aseguraba matemáticamente a sua participación no primeiro grupo.

Na categoría benxamín, o FREIXO “B” descansaba esta xornada cos deberes feitos e coa clasificación para o primerio grupo no peto. E na categoría Alevín, os leons do Freixo “B” firmaban un gran partido ante o Mugardos no Estadio Municipal de Río Seco, asegurando a súa participación no grupo II a falta da última xornada.

Non foi unha boa xornada para o fútbol 11 da nosa sociedade. O infantil de galega, nunha mala primeira metade, perdía as súas opcións de sacar algo positivo no Municipal Marcos Gómez de Viveiro. Un pequeno tropezón dos xogadores que dirixe Roupi que están a realizar unha gran tempada e o próximo fin de semana reciben en casa ao Bertamiráns en Ríio Seco, donde estamos seguros que van a recuperar o seu xogo e seguirán loitando por un dos oito postos que permiten xogar a fase polo título.

Xa en liga local, destaca o bo partido disputado polo equipo cadete en Transancos. O equipo adestrado por Marco, terminaba o partido cun empate, aínda que era merecedor dun mellor resultado.

 

No fútbol sala, destaca o doble enfrotamento entre os Infantiles e cadetes da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO e o ESTEO F.S. ambos saldados con sendos empates no pavillón de As Lagoas. Na competición local, victorias dos prebenxamín “A” e Benxamín “C” e victoria Alevín “C” que o manten na parte alta da clasificación con catro partidos ganados e unha sola derrota.