RESUMEN XORNADA 15.02.2020 – 16.02.2020

A selección Galllega feminina sub-15, volveu de Alacante sen o obxectivo conseguido, pero coa cabeza ben alta e un equipo que compite e está ao nivel das mellores seleccións autonómicas. Despois dunha primeira fase na que o equipo mereceu algún punto máis, chegamos a esta segunda fase coa clasificación moi complicada, pero matematicamente posible.
O primeiro partido contra Murcia, foi un reflexo da primeira fase xa que o combinado galego, erros puntuais que nos penalizan en exceso nun partido que, como mínimo, un empate fose o resultado máis xusto.
No plano individual, LAURA TESTA ROCA, cumpriu unha moi boa actuación, deixando detalles da súa calidade ao longo de todo o torneo e converténdose en titular dunha selección que non só xoga ao fútbol, senón tamén se deixa a pel en cada partido.
Só quédanos felicitar a todas e cada unha da xogadoras, adestradoras, así como a todos os membros da expedición desta selección galega e en especial á xogadora da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO que, unha vez máis, representa ao noso pequeno club nun evento tan significativo como é un campionato de España de seleccións.
Esperamos e desexamos que gozases desta experiencia.

 

No que respecta os adestramentos, AITANA VELLÓN CARRASCOSA convocada coa selección galega sub-12 feminina para un acestramento no Campo USC – SANTIAGO as 17:00 horas o mércores 19 de febreiro.

Nas convocatorias da selección de Ferrol, temos a DANIEL SANTOS LAGO e AARON OREONA CRESPO que forman parte dos 14 seleccionados para disputar o último adestramento coa selección de Ferrol, antes do campionato de seleccións autonómicas o vindeiro luns na categoría Sub-11.

Dani & Aaron

Na categoría Sub-13, JAVIER VÁZQUEZ LOPEZ e SERGIO BAAMONDE RAMOS disputaron o adestramento previo o Campionato Galego de Seleccións Comarcais con Ferrol.

Xa nas Ligas Locais, Comarcais e Autonómicas, comenzamos os resultados da fin de semán co fútbol sala.

 

No fútbol, ademáis dos resultados da fin de semán nas ligas locais e autonómicas, temos a crónica do partido dos pre-benxamíns disputado o venres no campo do Beco.

Cedeira 0 – 3 Narón Freixo.

Gran partido disputado polos nosos xogadores a domicilio onde acadaron un gran resultado. Primeira parte con moitas ocasións de gol,entrelazando boas xogadas con moitas internadas en área rival, de ahí que o primeiro gol surxira dun claro penalti, antes do descanso chegaría o segundo gol cun contragolpe pola banda esquerda e rematando o balón en xogada persoal o fondo das redes. Na segunda parte chegaría o terceiro gol, boa xogada pola banda dereita, centro o segundo pau e remate o primeiro toque rebasando a línea de gol. Os últimos dez minutos o equipo acusou o esforzo físico e o partido disputouse máis no noso campo aínda que o marcador non se movería. Con este partido rematamos a primeira volta do grupo 1, dar a noraboa a este equipo xa que esta semana xogou moi diezmado polas baixas e enfermedades de varios xogadores.

Forza Freixo!!