RESUMEN XORNADA 14.12.2019 – 15.12.2019

Comezamos o resumo da xornada, cos máis pequenos da familia que disputaron un partido amigable o martes na Malata.

Biberones. Partido amigable Parrulo – Freixo

Traballando para que saquen os seus medos individuais, aos poucos conséguese. Hoxe era un reto para todos xogar “fora” e a pista patinaba unha chea, asi que moi bo traballo dos nenos e da adestradora Rebeca.

Como cada semán, aquí tedes os resultados da xornada dos nosos equipos, nas diferentes categorías.

A xornada do fin de semán do 14 de decembro, comenzaba co duelo directo dos benxamíns do Freixo. Os rapaces do Freixo “A” e Freixo “C” adiantaban o seu partido ó xoves onde os benxamíns de segundo ano, acababan os tres puntos en xogo.

O BENXAMIN “A” VENCE NO DERBI

O pasado xoves 12/12/2019, na segunda xornada do grupo 24 da categoría benxamín de fútbol 8 enfrontou ós equipos “A” e “C” do Freixo.

Nun partido máis disputado do que indica o marcador final impúxose o Benxamín “A”.

Na primeira parte, a concentración e o bo traballo dos dous equipos en defensa provocou que se chegase ó descanso cun marcador axustadísimo de 1-0, provocado, tal e cómo dicimos polo desempeño defensivo de ambos equipos, tanto posicionalmente como atallando os contraataques do contrario.

Nesta primeira parte o Benxamín “A” chegaba a zona de finalización, pero acusou certa precipitación, o que impediu que as xogadas acabasen en gol.

Na segunda parte, o Benxamín “A”, sí que deu ese pase extra que permitiu remates máis claros e o resultado das xogadas foi distinto, rematando en gol un maior número delas.

Ben é certo que o Benxamín “C” dispuxo tamén de varias ocasións e mereceu conseguir un resultado máis axustado, pero a boa defensa e incluso en algunas ocasións a mala fortuna impediron que conseguirán algún gol máis.

VAMOS FREIXO!!!!!!!!

Narón O Freixo 2 – 1 Galicia de Caranza B.

Despois de descansar a primeira xornada de liga do grupo 1 o equipo Prebenxamin A conseguía facerse cos 3 puntos despois dun partido moi físico e moi intenso. As mellores oportunidades foron dos nosos xogadores sobre todo na primeira metade, onde dominaron o xogo, estrelaron un balón no largueiro, ademáis dun “gol pantasma” que rebasou a liña de gol pero o árbitro non o chegou a ver.. A segunda metade foi máis igualada e nos últimos minutos o equipo acusou o esforzo físico realizado durante todo o partido.

Noraboa a todo o equipo por este partido.

Prebenxamín A

Deixamos os resultados dos nosos equipos nas diferentes categorías de fútbol no fin de semán do 14 de decembro.