RESUMEN XORNADA 08-10.11.2019

Fin de semana repleta de partidos nas diferentes competicións para a S.D. C. R. NARÓN FREIXO. Xornada que comezaba o mércores con partidos adiantados e pechábase o domingo cos encontros de fútbol sala.

En fútbol sala, noso equipo cadete que disputa a liga 1ª Galicia Cadete F.S. aínda que non conseguía a vitoria na súa visita ao Stellae, F.S. no Municipal Grupo Escolar, deixaba boas sensacións e un gran partido dos rapaces dirixidos por Bruno e axudado por Bertín.

Na liga Autonómica, os nosos Alevíns conseguían un gran resultado, tras vencer ao A.J. Pombo Hercules por 1 gol a 3, que lles serve para manterse na zona tranquila da táboa con 15 puntos.

En canto ao fútbol, o noso equipo infantil C, non conseguía sacar nada positivo na última xornada da fase de grupos, do seu desprazamento a Mugardos, pero levaba os deberes feitos e tiña asegurada a participación no grupo primeiro que lle permite loitar polo título.

En categoría alevín, bo partido do noso equipo B en Caranza, conseguindo un empate que sabe a pouco despois das numerosas ocasións gozadas durante todo o encontro. Con este punto, seguen cartos na clasificación, con moitas opcións de entrar no grupo segundo.

Por último, destacar o valioso empate conseguido polo infantil en Liga Galega fronte ao Vitoria, F. C. tras un gol de Keko nunha gran segunda parte do equipo de Roupi. Despois de disputadas dez xornadas, o infantil do Freixo, atópase sétimo na clasificación, empatado con equipos como o Lugo e Calasanz a 16 puntos. Gran primeira parte de campionato para un equipo recentemente ascendido a unha competición tan esixente como é unha Liga Galega.

Deixamos as taboas cos resultados dos equipos da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, tanto en FÚTBOL, como en FÚTBOL SALA.