RESUMEN XORNADA 08.03.2020 – 09.03.2020

Comenzamos unha semán máis coas novas das seleccións. O mércores 11 de  marzo, AITANA VELLÓN CARRASCOSA foi convocada para un adestramento coa Selección Galega Alevín Feminina de Fútbol Sala no Pavillón Municipal de Lameiro, O Pino que comenzará as 18:30 horas e prolongarase ata as 20:00 horas. Unha vez máis, esperamos e desexamos que a xogadora do FREIXO, disfrute desta experiencia. PARABENS!!

Aitana Vellón Carrascosa

Como cada semán, aquí tedes o cadro cos resultados dos nosos equipos no Fútbol Sala.

 

Crónica S.D.C.R. NARÓN O FREIXO – O PARRULO C. CATEGORÍA BENXAMÍN.

 

O Benxamin D de fútbol sala equipo de primeiro ano que está a competir no grupo 1 con grandes resultados, enfrontábase nesta xornada ao outro equipo de primeiro ano que compite no grupo 1, o  Parrulo  C. Nun encontro no que os do Freixo realizaron un gran  partido e conseguiron gañar por 10-1 a un bo equipo que hoxe nada puido facer ante a gran actuación dos nosos.

Forman parte deste Equipo:

Enrique como porteiro
Dani, Iago, David, Carlos, Hugo Martínez, Martin, Hugo García, Carmela e Marco Funcasta.

Estes rapaces están a facer unha gran tempada da man de Vila e Emilio.

 

 

 

 

Seguimos o repaso ó fin de semán cos resultados dos equipos de fútbol da nosa sociedade. Descanso do infantil de Liga Galega e unha nova victoria das rapazas da Liga Galega Promesas, esta vez ante o Silva da Coruña. 

Crónica Galicia de Caranza B  2 – 5 S.D.C.R. Narón Freixo.                                                          

Partido de menos a máis, onde os nosos prebenxamíns lograron unha merecida victoria. A primeira parte foi moi irregular e os nosos xogadores non conseguían  controlar o ritmo do partido nin o dominio do balón, non obstante chegábase  o descanso co marcador de 1 – 1. Na segunda parte, o equipo deu unha imaxe completamente diferente facéndose co partido en todo momento e dispoñendo de varias  ocasións de gol, de ahí que ó final do partido chegarase co resultado de 2 – 5 para o noso equipo. Gran reacción do noso equipo que acabou con moi boas sensacións. Este venres, visita Río Seco o Mugardos, líder invicto e destacado do grupo 1. Moito ánimo para os nosos xogadores.

Forza Freixo!!

 

Liga Gallega Promesas femenina. Silva SD vs S.C.D.R. Narón Freixo.

Nova xornada de liga para as nenas do Narón Freixo, que nesta ocasión visitaban ao Silva. Desde o inicio do partido o dominio por parte do equipo visitante foi moi claro aínda que tardaron en abrir o marcador. O 0-1 foi de man de Aitana. Gran superioridade durante todo o partido por parte das de Narón, que converteron ese dominio en 5 goles: tres na primeira metade de Aitana, por 2 veces e Laura e outros dous de Julia e Aitana de novo na segunda. Un partido moi completo por parte das nenas do Narón Freixo que se manteñen en 4ª posición mellorando en cada partido.