RESUMEN XORNADA 08.02.2020 – 09.02.2020

Unha semán máis, temos todas as novas dos nosos equipos. Comenzamos coas convocatorias das distintas seleccións. En primeiro lugar, temos que dar a noraboa a LAURA TESTA ROCA, que o xoves disputará unha sesión de adestramento en Santiago no campo Novo Milladoiro e partirá coa Selección Galega Feminina  Sub-15 para disputalo Camipionato Nacional de seleccións Autonómicas que, nesta ocasión celebrase na localidade de ELDA, en ALICANTE.

Moita sorte, esperamos e desexamos que disfrutes da experiencia.

No que respecta as seleccións locais, o martes día 11 de febreiro, adestramento da sub-11 e a sub-13 nos campos da Gándara as 19.00 horas. DANIEL SANTOS LAGO e AARON OREONA CRESPO forman parte da convocatoria dos máis pequenos e JAVIER VÁZQUEZ LÓPEZ e SERGIO BAAMONDE RAMOS convocados coa sub-13 de Ferrol.

No fútbol Sala, AITANA VELLÓN CARRASCOSA, foi convocada para o Adestramento da Pre-Selección Galega Alevin Feminina que terá lugar no Pavillón Municipald e Lameiro – O Pino o mércores día 12 de febreiro as 18:30 horas.

Parabéns para todos e todas os convocados e convocadas.

No que respecta as ligas disputadas polos nosos equipos, aquí tedes os resultados. Comenzamos co Fútbol Sala.

No fútbol, temos a crónica das rapazas que están a facer unha gran tempada da mán de Eva na disputa da Liga Galega Promesas.

Xornada 11: SCDR Narón Freixo vs CSD Arzúa

Novo partido das nenas do Narón Freixo na mañá do sábado, o cal afrontaban con numerosas baixas contando unicamente con 8 xogadoras para afrontar o partido, que se saldou con vitoria local por 4 a 1.

O equipo de casa comeza o partido tendo o balón, tratando de enlazar para crearlle perigo á dura defensa do Arzúa, que as ocasións das que gozou foron tiros de lonxe cos que Marcela non tivo maiores complicacións. Con todo, as nenas do Narón Freixo se que gozarían de varias claras ocasións en subidas de Aitana. Precisamente é ela a que abre o marcador cun gran disparo de falta tras pelexar  Sherezade polo balón contra as defensoras do Arzúa que lle acabaron facendo a falta que dá lugar ao gol. Pouco antes do descanso o Narón Freixo ampliaría distancias no marcador cun gol de  Naiala tras un córner. 2-0 e tempo de descanso.

Xa na segunda parte, moito control do partido por parte do equipo local a través do balón e das boas actuacións de Aitana e Sara Veiga en defensa. Serían Aitana, cun gran disparo de media distancia, e  Sherezade, tras unha boa presión, as que ampliarían o marcador ata o 4-0, que só se movería cun gol do equipo visitante nos últimos minutos de partido cun balón en longo á súa dianteira.

Unha nova vitoria para o Narón Freixo que as afianza na cuarta posición.