RESUMEN XORNADA 06.12.2019 – 08.12.2019

Unha nova xornada no fútbol sala tivo lugar no fin de semán da Ponte da Constitución. Cabe destacar a dobre xornada na categoría infantil, onde os rapaces adestrados por Emilio, conseguiron impoñerse en ambos encontros, disputados o venres e o domingo e tamén a primeira victoria dos rapaces do equipo cadete por catro tantos a tres fronte o Pontedeume la Liga Provincial.Na categoría alevín, o noso equipo de Autonómica, lograba a victoria na xornada para manterse na metade da taboa con 24 puntos o remate da primeira volta.

Nas categorías locais, os benxamins tocaballe descanso os rapaces do “B” e “C” e o FREIXO “A” perdía pola mínima co Cidade de Narón e os rapaces do FREIXO “D” pese a realizar un mellor xogo co seus rivais do domingo, non conseguían acadar ningún puntiño.

Os máis pequenos da familia, unha victoria e unha derrota no pavillón de As Lagoas nos partidos disputados na tarde do domingo.

Na xornada de fútbol, os deixamos a crónica enviada por Miguel Yañez do partido que da o pistoletazo de saída a segunda fase da Liga, así como o cadro de resultados dos partidos disputados polos equipos da nosa sociedade.

 

O Benxamín A comeza con bo pé a segunda fase

En partido disputado o pasado xoves 05/12/2019 e no que era o encontró que inauguraba a segunda fase da competición regular, o Benxamín A del Narón Freixo impúxose por un resultado de 1-11 ó Amistade de Meirás no campo de Atios.
O equipo realizó un partido moi completo tanto en ataque coma en defensa, mantendo a concentración en todo momento.
En ataque xogouse bastante ben, conseguindo elaborar boas xogadas de combinación onde o euipo conseguiu encadear varios pases, se ben é certo que en alguna ocasión se foi algo individualista.
Hai que tratar de manter os periodos de bo xogo colectivo durante máis tempo, e que supoñan a base do xogo equipo, xa que é un grupo de xogadores cunha moi boa capacidade para asociarse e realizar este tipo de xogo, tal e como xa se mostrou en certos partidos da primeira fase da competición.
En defensa o equipo estivo moi serio e solidario, traballando para cortar a maior parte de ataques rivais, e apenas tivo despistes en defensa, salvo o que acabou no gol do Amistade.
O próximo partido será o derbi que enfrentará contra os nosos compañeiros do Benxamín C do Narón Freixo.

Vamos Freixo!!!!!!!!!!!!

Benxamin A