RESULTADOS LIGA LOCAL. FUTBOL SALA. 23-24 DE FEBREIRO 2019.

Estos son os resultados da fin de semán dos equipos da S.D.C.R. NARÓN FREIXO nas diferentes categorías e competicións.

Na categoría Pre-benxamín no Grupo 1º, os rapaces dos FREIXO A, xogaban no Pavillón de As Lagoas contra o equipo do C.D. A Solaina e o resultado final foi de 7 a 1, con victoria para os rapaces do NARÓN FREIXO.

Na mesma categoría, no Grupo 2ª, os nenos do FREIXO B, nun partido moi disputado contra O Esteo, non conseguían os tres puntos e o marcador final foi de 6 a 4. E no Pavillón de As Lagoas, os pequenos do FREIXO C, conseguían a victoria ante o Parrulo C, cun marcador final de 10 a 3 a favor do FREIXO “C”

Xa en categoría Benxamín, O FUTSAL “A” conseguía impoñerse por 3 goles a 0 os nosos rapaces do FREIXO A, no grupo Primeiro. Mentres que o FREIXO B, gañaba o ROIBA, no grupo 2º por 8 tantos a 0. Ambos partidos xogados no Pavillón Municipal de As Lagoas na tarde do domingo.

Na categoría Alevín, os resultados foron os seguintes:
Grupo 3º. NARÓN FREIXO “B” 3 – FÚTSAL NARÓN 2
Grupo 2º. NARÓN FREIXO “C” 3 – PARRULO “E” 5
No Grupo 1º o partido entre o Parrulo “B” e o NARÓN FREIXO “D”, disputarase a vindeira semán.

En categoría infantil, os rapaces do FREIXO “A” perderon o seu enfrontamento contra o PARRULO “C”, por un reslutado final de 6 goles a 0, no partido disputado no Pavillón Municipal da Malata e correspondente ao Grupo 1º. Mentres que no Grupo 2º, o Infantil B, conseguía a victoria por un resultado de 16 goles a 0 contra o ESTEIRO “C”.

Na Liga Galega, os rapaces do NARÓN FREIXO ALEVIN A, conseguían a victoria ante o Castrelo, por 4 goles a 2, no partido disputado no Pavillón de As Lagoas, o que os mantén na zoa media da clasificación.

Tamén en LIGA GALEGA, o equipo Xuvenil do NARÓN FREIXO, caía derrotado por 8 goles a 2 ante os rapaces do Os Meigallos, F.S.