RESULTADOS LIGA LOCAL. FUTBOL SALA. 16-17 DE FEBREIRO 2019

Estos son os resultados da fin de semán dos equipos da S.D.C.R. NARÓN FREIXO nas diferentes categorías e competicións.

Na categoría Pre-benxamín no Grupo 1º, os rapaces dos FREIXO A, xogaban no Pavillón de A Xunqueira (FENE) contra o equipo local do Unidade de Fene e o resultado final foi de 3 a 7, con victoria dos visitantes.

Na mesma categoría, no Grupo 2ª, os nenos do FREIXO B, tamén conseguiron a victoria contra A Solaina B cun marcador final de 8 a 2, no partido disputado no Pavillón de As Lagoas e tamén no Pavillón de A Xunqueira, os pequenos do FREIXO C, conseguían a victoria ante o Unidad de Fene cun resultado final de 5 a 8 goles.

Xa en categoría Benxamín, O Parrulo C, conseguía impoñerse por 3 goles a 1 os nosos rapaces do FREIXO A, no grupo Primeiro. Mentres que o FREIXO B, gañaba o Narón Futsal B, no grupo 2º por 10 tantos a 1.

Na categoría Alevín, os resultados foron os seguintes:
Grupo 3º. NARÓN FREIXO B 1 – SANTA MARIÑA 0
Grupo 2º. NARÓN FREIXO C – Descansa
Grupo 1º. NARÓN FREIXO D 3 – ESTEO 3

En categoría infantil, os rapaces do FREIXO A perderon o seu enfrontamento contra o ESTEO, por un reslutado final de 1 a 2, no partido disputado no Pavillón de As Lagoas e correspondente ao Grupo 1º.
Mesntres que no Grupo 2º, o Infantil B, descansou esta xornada.

Na Liga Galega, os rapaces do NARÓN FREIXO ALEVIN A, conseguían a victoria ante o Burela, por 3 goles a 2, no partido disputado o sábado no Pavillón de As Lagoas, o que os mantén na zoa media da clasificación.

Tamén en LIGA GALEGA, o equipo Xuvenil do NARÓN FREIXO, conseguía derrotar por 6 goles a 3 a os rapaces do Estrada Futsal.