RECOLLIDA DE ALIMENTOS

                                 

 

Como outros anos, no Narón Freixo, en colaboración co Club Atletismo Narón, imos levar a cabo unha campaña de recollida de alimentos NON PERECEDOIROS.

Ao longo de toda a semana, podedes deixar a vosa achega en Río Seco ou no pavillón de As Lagoas.

Todos os alimentos recolleitos, serán doados ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. Unha pequena achega de cada un, pode ser unha gran axuda.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.