PRESENTACIÓN PREBENXAMINES
O vindeiro mércores, día 13 de setembro ás 18:00 horas, terá lugar a presentación da categoría prebenxamín nas nosas instalacións de Río Seco.
Realizaremos un pequeno adestramento, así que, os pequenos deberán de traer a roupa de adestramento.
Coa presentación dos prebenxamines, completamos todas as categorías e damos por comezada a nova tempada 2017/2018.
Damos as grazas a toda a familia do NARON FREIXO por confiar un ano mais no noso traballo e damos a benvida aos que empezan esta tempada connosco.