No dia de onte os nosos equipos de biberóns e alevíns desprazaronse a Sigúeiro para disputar o torneo organizado polo Xuventude de Oroso, fantastica a organización e fantastico o trato dispensado a nosa expedición, moitas grazas.
E xa no que foi a competición comenzaremos polos mais madrugadores, os alevíns adestrados por Cany e Cristobal, que non tiveron sorte no sorteo e tocoulles enfrontarse a equipos dun altisimo nivel, ainda asi deron unha magnifica impresión, así que en futuras competicions, non o dubidedes, estaran moito mais arriba na clasificación final.
Despois entraron en competiciós os biberons adestrados por Santi, Joel e Fran, que despois dunha magnifica competición, e de non perder ningun partido, soio a loteria dos penales na semifinal apartounos do mais alto do podio. Un terceiro posto o acadado por estes grandes xogadores no seu primeiro Torneo de Fútbol 8.