OS IRMANS IGLESIAS FERNÁNDEZ A POR O TÍTULO NACIONAL

 Esta próxima fin de semana, celebrarase na localidade manchega de Alovera o campionato de España de kickboxing na categoría senior.

 Os nosos competidores Rubén e Adrián Iglesias Fernández participarán nas modalidades de kicklight e lightcontact respectivamente no peso de -63kg.

 En este o seu primeiro ano na categoría senior, xa disputaron o campionato galego de tatami no mes de febreiro. Onde Rubén proclamouse campión galego en -63kg e Adrián subcampión en -69kg. No campionato galego de ring, ambos debutaban na modalidade de lowkick, proclamándose campións na devandita modalidade. Rubén en 63’5kg e Adrián 67kg. 

 Isto valeulles para ser convocados pola selección galega para disputar o camionato nacional.  Dende o clube, deseámoslles sorte neste novo reto e quedamos á espera do seu resultado.