NOVO ADESTRAMENTO SELECCIÓN GALEGA SUB-12

 

ADESTRAMENTO SELECCIÓN GALEGA SUB-12 FEMENINA

 

O pasado martes, as selección galegas sub-12 masculina e feminina, adestraban no campo de As Cancelas en Santiago, apurando a posta a punto dos rapaces e repazas para a derradeira convocatoria no procura do campionato de España que terá lugar dentro de dous meses.

As rapazas, xogarán en Madrid, mentras os rapaces ainda non coñecen cal será o seu grupo.

Medio centenar de nenos e nenas, formaron parte destes adestramentos do martes, nos que, unha vez máis, contaron coa nosa xogadora do equipo Alevín A LAURA TESTA ROCA. Dende aquí, aproveitamos para desexarle moita sorte e, esperamos e desexamos que conte para o seleccionador galego sub-12 e forme parte do equipo femenino que se desprace a Madrid a xogar o campionato de España.

Ánimo Laura!