Nova convocatoria de Lucia Rivas Cartelle

Lucia Rivas Cartelle , xogadora alevín do Narón Freixo convocada unha vez máis coa Selección Sub-12 Feminina de Ferrol.

Hoxe as 17:45 h adestrarán nos campos da Gándara , e o domingo 12 disputará a fase final da competición de Seleccións Sub-12 Femininas das Delegacións Territoriais da Federación Galega de Fútbol que se celebrará nos Campos de A Baña no Concello de Rois. Moita sorte a todas e especial a Lucía, unha das xoves estrelas da S.D.C.R Narón Freixo.

rivas_cartelle_lucia1