Comunicado da S.D.C.R. NARÓN FREIXO

A S.D.C.R NARÓN FREIXO quere denunciar o apedramento de ventanas nas instalacións de Río Seco, co conseguinte risco para as nosas actividades, así coma a campaña de insidias e mentiras da que somos obxecto dende unha páxina web.

O Narón Freixo dende a súa fundación, fai mais de vinte anos, ten coma único obxectivo a formación dos nosos nenos, nos valores inherentes a practica deportiva en equipo, esforzo, constancia, dedicación, solidaridade, compañerismo , respecto polo contrario …… O noso foi dende o primeiro dia un traballo totalmente apartado de disputas políticas. Nosoutros somos o Freixo, aquí non hai lugar para as cores partidistas, aquí ves a traballar a prol dos nenos, todos somos distintos, todos somos diferentes, pero cun único obxectivo, o deporte de base, e iso e o que nos fai mais fortes cando lemos as mentiras que se din do noso Club e da súa Directiva, mentiras propagadas anonimamente por un ou varios covardes a través da rede. Covardes que dende o anonimato tentan manchar o bo nome desta Sociedade, non sabemos si para favorecer a outros o simplemente por maldade.

Dende aquí queremos agradecer a todos os que nos últimos días,dende as mais diversas opcións políticas nos mostraron o seu apoio e solidariedade , eles son os que realmente saben que nos sentámonos con todos para falar do único que nos importa o DEPORTE DE BASE. Moitas grazas e aquí seguiremos, lle pese a quen lle pese, traballando polos nenos e a súa felicidade.