LIGA LOCAL INFANTIL. XORNADA 9ª. GRUPO 3ª.

O venres, 15 de febreiro, ás 17:30 horas, o equipo infantil “A” de a S.D. C. R. NARÓN FREIXO, desprazouse á Gandara para disputar ante o Racing de Ferrol “B”, o partido correspondente á Novena xornada do grupo terceiro, encontro que pechaba a primeira volta.

O partido comezou cun Freixo moi ben asentado no campo, querendo o balón e con presión alta. Froito deste dominio inicial, un balón longo, recólleo David Pardo despois de que o defensa do Racing despexase sobre o seu corpo, para plantarse só diante do porteiro racinguista e báteo cunha vaselina coa esquerda para conseguir adiantar ao seu equipo aos cinco minutos.

Pouco máis que destacar no primeiros corenta minutos, nun partido moi disputado, co balón no medio campo, cos dous equipos querendo xogar e sometendo a unha gran presión ao equipo rival, pero moi poucas chegadas ás áreas, chegando ao descanso sen máis disparos entre os tres paus.

A segunda parte comezou do mesmo xeito que acabou a primeira, cos dous equipos moi ben colocados no campo e loitando cada balón. Aos seis minutos da continuación, un corner que pon na área Lucas Castro, non é despexado en primeira instancia pola defensa visitante, aínda que se pediu unha máis que posible falta, e o balón chégalle no segundo pau a Nicolás Vilariño que cun disparo bombeado, consegue subir o empate ao marcador. Nada puido facer Iker, o porteiro do Narón Freixo e o empate sobe ao marcador. Un a un e quedaba por diante toda a segunda metade.

Os infantís do Freixo non viñeron abaixo e conseguiron facerse co balón cunha presión aínda máis adiantada. Con Isma xa no medio campo e Iván repartindo xogo, o dominio era maior e ao Racing custáballe cada vez máis saír xogando. O partido discorría sen ocasións claras, un remate de cabeza a un saque de esquina e un balón entre liñas ao que o dianteiro do Freixo chega moi forzado e remata fóra. Con todo, no minuto 23 da segunda parte, un balón centrado desde a banda esquerda, chega a David Pardo na frontal da área e consegue desfacerse de varios xogadores locais e o seu remate coa perna esquerda, cóase pegadito ao poste dereito da portería local despois de tocar nun defensor. Desde ese instante e ata ao final, o Racing tivo máis posesión, pero os infantís do Freixo, moi ben colocados no campo, non concederon ningunha ocasión clara. Nos últimos minutos, un disparo desde a frontal da área, é atrapado arriba por Marcos con moita seguridade.

Tres puntos para a S.D. C. R. NARÓN FREIXO que lle permiten seguir na parte alta da clasificación con 21 puntos compartindo liderado co Galicia de Caranza “B”.

ALINEACIÓNS.
Racing de Ferrol “B”. Adrian Bouzas, Martin Hernaez, Yago Picado, Pablo Rodriguez, Anxo Rendón, Axel López, Jorge Rodriguez, Lucas Martinez, Pablo Vega, Lucas Castro, Nicolas Vilariño. Suplentes. Sergio Vázquez, Daniel Barran, Carlos Morandeira, Juan Rodriguez e Anton rial.
S.D.C.R. Narón Freixo “A”. Marcos Rodriguez, Isamel Lopez, Gabriel Ciocca, Angel Deza, Javier Vazquez, Ivan Perez, diego Arias, Diego Lopez, David Pardo, David Rodriguez, Nicolas Rivas. Suplentes. Iker Valles, Felipe Martinez, Anxo Grandal, Sergio Prados, Bruno Gondar.

Goles. 0 – 1. David Pardo. Minuto 5, 1 – 1. Nicolas Vilariño. Minuto 46. 1 – 2. David Pardo. Minuto 63.