LESION DO BENXAMIN MANUEL DIAZ LOPEZ

A mala nova desta fin de semana foi a grave lesión do benxamín Manu Diaz Lopez. Nun lance do partido de cuartos que nos enfrontaba o Victoria C.F. Manu sufriu unha fractura no seu cóbado esquerdo, da que foi intervido o mesmo sábado pola tarde nunha clínica da Coruña, o domingo xa foi dado de alta. Dende o Narón Freixo desexamoslle unha pronta e satisfactoria recuperación, e que esteña o antes posible disfrutando do futbol cos seus compañeiros de equipo.

Unha aperta moi forte para Manu e a sua familia dende o Narón Freixo.