LAURA TESTA ROCA CONVOCADA POLA SELECCION GALEGA SUB-12

 A xogadora Alevin da S.D.C.R Narón O Freixo Laura Testa foi convocada a  primeira sesión de adestramentos da Seleccion Galega Sub-12, que terá lugar o luns 13 de febreiro, ás 16:30 horas, no campo de As Cancelas en Santiago de Compostela, co obxectivo de empezar a preparar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas da categoría, poñéndose ás ordes do corpo técnico do combinado autonómico, dirixido por Susú Cores.