Saúdo e agradecementos
Instalacións e Servizos
– Estadio Municipal de Río Seco.
Datas de celebración
– Categoría ALEVÍN
– Categoría BENXAMÍN
Regulamento do Torneo
– Regras de xogo e Formato do Torneo
– Duración dos partidos
– Árbitros do Torneo
– Documentación a aportar e Composición dos equipos
– Puntualidade e Equipamento
– Premios
Cadros de grupos e calendarios
– Categoría ALEVÍN
– Categoría BENXAMÍN
ANEXO: Folla Inscrición Equipos
Saúdo e agradecementos
A Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Narón O Freixo, quere, en primeiro lugar, agradecer a participación de tódolos clubes invitados ó presente Torneo.
É un pracer para este clube, poder compartir e disfrutar con vós, dunha nova edición do noso Torneo, que este ano se fai Internacional, coa visita á nosa casa do Vitoria de Guimaraes portugués.
INSTALACIÓNS e SERVIZOS
O Torneo celebraráse no Estadio Municipal de Río Seco, ubicado no termo municipal de Narón (A Coruña). Dispón dun amplo aparcamento tanto para turismos como para autocares.
A entrada na instalación para o público asistente ó Torneo, terá un custo de 5 € por persoa, en rifas, para axuda das merendas e manutención dos equipos participantes, e que permitirán participar en diversos sorteos.
Para o desenrolo da competición, contaremos con dous campos de Fútbol-8, de herba natural, de dimensións 60×40 mts, ademáis dun campo Anexo, tamén de herba natural, no que poderán realizarse os quecementos previos a cada un dos
partidos.
Para os participantes no Torneo, tanto xogadores como corpos técnicos, haberá unha carpa habilitada para o servicio de catering, que correrá por conta da Organización.
Para os pais, acompañantes, e público en xeral, disporemos asimismo dunha carpa, no interior tamén do propio Estadio, donde comer sin ter que desplazarse a fora da instalación, e na que se servirán menús a precios populares.
Contaremos tamén con varios ambigús, situados en diferentes zonas, que traballarán ó longo dos dous días de duración do Torneo.
DATAS DE CELEBRACIÓN
CATEGORÍA ALEVÍN
O Torneo celebrarase na súa categoría Alevín, o Sábado día 8 de Setembro de 2018.
Esta xornada do sábado comezará ás 09:00 horas, e finalizará coa entrega de premios, préto das 22:30 h, despois da final Alevín.
CATEGORÍA BENXAMÍN
O Torneo celebrarase na súa categoría Benxamín, o Sábado día 15 de Setembro de 2018.
• Neste caso, a categoría Benxamín arrancará préto das 10:00 horas, e o remate previsto será ó redor das 21:00 horas.
REGULAMENTO DO TORNEO
1. REGRAS DE XOGO
O desenrolo do Torneo estará suxeito ás regras FIFA e adicionais da RFEF, a excepción das normas sinaladas e detalladas no presente regulamento.
2. FORMATO DO TORNEO
1ª Fase:
- Todos os equipos participantes no Torneo estarán divididos en varios grupos, enfrontándose cada un deles a tódolos equipos restantes do mesmo grupo, garantindo desta maneira un número mínimo de partidos.
- Tanto na categoría Alevín como Benxamín, pasarán á 2ª Fase do Torneo tódolos equipos. Nesta 2ª Fase cada equipo pelexará polo posto definitivo a acadar no Torneo, condicionado lóxicamente pola clasificación na 1ª Fase.
- O equipo gañador de cada un dos partidos, acadará 3 puntos,concedéndose 1 punto a cada equipo no caso de empate.
- A incomparecencia dalgún dos equipos, ocasionará que se lle de o partido como perdido co resultado de 3-0.
- No caso de que ó finalizar a 1ª Fase de clasificación, dous ou máis equipos do mesmo grupo, sumasen o mesmo número de puntos, a clasificación á 2ª Fase determinarase da seguinte maneira:
1º. Diferencia de goles: Maior diferencia entre goles a favor/en contra.
2º. Goles a favor: Maior número de goles a favor.
3º. Goles en contra: Menor número de goles en contra.
4º. Resultado particular entre os equipos empatados.
5º. Moeda ó aire, ou ben sorteo, no caso de seguir empatados.
2ª Fase:
- Nesta 2ª Fase establecerase o orde definitivo de clasificación dos equipos no Torneo.
- No caso de que calquera partido desta 2ª Fase, finalice con empate no tempo regulamentario establecido (incluindo ambas finais), o partido decidirase con 3 lanzamentos dende o punto de penalti.
3. DURACIÓN DOS PARTIDOS
Categoría ALEVÍN:
Todos os partidos desta categoría, terán unha duración de 20 minutos, nun só tempo e de xeito corrido, coa salvedade da Final, que se disputará en dous tempos de 15 minutos, cun descanso de 5 min entre ambos.
De tódolos xeitos, a Organización resérvase o dereito de prever outras duracións ou calendario antes do inicio das Competicións.
Categoría BENXAMÍN:
Os partidos da 1ª Fase, terán unha duración de 20 minutos, nun só tempo e de xeito corrido.
Na 2ª Fase, tanto no cadro Final como de Consolación, os partidos serán de 25 minutos, coa salvedade das Semifinais e Final, que se disputarán en dous tempos de 15 minutos, cun descanso de 5 min.
De tódolos xeitos, a Organización resérvase o dereito de prever outras duracións ou calendario antes do inicio das Competicións.
4. ÁRBITROS
Tódolos árbitros do Torneo pertencen ó Colexio de Árbitros de Ferrol.
5. DOCUMENTACIÓN A APORTAR
É obrigatorio que se aporte para cada partido, algún dos seguintes documentos orixinais para cada un dos xogadores:
- D.N.I., Pasaporte, ou ben, Libro de Familia.
- Licencia federativa.
IMPORTANTE: Todos os clubes deberán enviar a folla de inscrición, co nome completo de cada un dos integrantes do equipo, antes das 21:00 horas do día 4 de Setembro, á seguinte dirección de correo electrónico:
No caso de que nesa data, algunha das fichas dos xogadores participantes non estivese tramitada, deberán comunicalo a esta Organización.
6. COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS
Os equipos estarán conformados por un máximo de 16 xogadores/as, podendo pertencer éstes a diferentes equipos do mesmo clube, sempre e cando sexan da mesma categoría ou ben inferior.
7. PUNTUALIDADE
- A documentación dos equipos, deberá ser entregada na Entrada Principal a vestiarios, como mínimo 20 minutos antes da celebración do seu primeiro partido.
- Todos os equipos, deberán estar nas proximidades do seu campo de xogo 10 minutos antes do inicio de cada un dos partidos.
- Ó remate de cada partido, os equipos tratarán de retirarse do campo á maior brevedade posible, para poder cumplir de forma axeitada cos horarios programados.
- Se disporá de 4 vestiarios, nos que se realizarán os cambios de roupa e equipacións por parte dos xogadores, pero non as charlas técnicas, co obxectivo de ter liberados os vestiarios para o resto de participantes.
8. EQUIPAMENTO
- No caso de que segundo criterio arbitral, o color ou tono da equipación, poida levar a confusión coa do equipo contrario, deberá cambiar a citada equipación o equipo que figure no calendario como visitante.
- Recomendamos a tódolos equipos acudir cunha segunda equipación para evitar posibles coincidencias.
- De tódolos xeitos, a organización disporá de petos no caso de que sexan necesarios.
- O dorsal asignado a cada xogador, non poderá ser modificado durante o Torneo, e deberá coincidir co enviado polo clube á Organización.
9. PREMIOS
Ó remate de cada unha das xornadas do Torneo, entregaránse ós equipos participantes os seguintes premios:
- Un recordo para cada un dos equipos participantes.
- Trofeo para o 1º, 2º, 3º e 4º de cada categoría, tanto Alevín coma Benxamín.
- Trofeo ó Mellor Xogador de cada categoría.
- Trofeo ó Mellor Porteiro de cada categoría.
- Entregaráse unha mención especial, ó Colexio de Árbitros o último día
do Torneo.
(CADRO DE GRUPOS E CALENDARIO DE PARTIDOS)
FOLLA DE INSCRICIÓN EQUIPOS