III TORNEO DE FUTBOL NARON FREIXO

Os vindeiros días 10 e 11 de setembro , terá lugar no Estadio Municipal de Río Seco  organizado pola SDCR  Narón o Freixo, a terceira edición  dun torneo que se esta a converter nun dos de referencia na pretempada do fútbol base galego pola gran calidade dos equipos participantes.

O dia 10 será  no que competirán os equipos Benxamíns, este ano contaremos cas seguintes escadras  RC Deportivo da Coruña ,CD Lugo, Santiago de Compostela,Racing de Ferrol,  CD Quirinal de Aviles, CDF Peña León, Victoria C.F, Ural C.F, Xuventude de Oroso, Once Caballeros, SDC Residencia, SDC Polvorin, CD Calasanz, SD O Val, Galicia de Caranza, SDCR Narón O Freixo.

O domingo dia 11 será o dia dos alevins,os equipos que competiran nesta xornada serán RC Celta de Vigo, RC Deportivo da Coruña, CD Lugo, Racing de Ferrol, Escola de Fútbol Luís Calvo, CD Quirinal de Avilés, Escola de Fútbol de Lalín, Atlético Arteixo, Xuventude de Oroso, Once Caballeros , SDC Residencia, SDC Polvorin, SD O Val, Galicia de Caranza, CD Narón e dous equipos da SDCR Naron O Freixo.

 

Despois das dúas primeiras edicións agardamos que esta sexa a da consolidación definitiva, deste Torneo e que poidamos seguir a disfrutar moitos anos de equipos desta calidade competindo no noso Concello.

 

 

cartel_a3-prensa_modificado

COLABORADORES :