II TORNEO DE FUTBOL BASE S.D.C.R NARÓN FREIXO

Os días 5 e 6 de Setembro celebrarase no Estadio Municipal de Río Seco, en Narón, a segunda edición do Torneo de Fútbol Base S.D.C.R Narón Freixo nas categorías de Benxamíns e Alevíns. Nesta segunda edición o Torneo traspasa fronteiras para ofrecer un cartel certamente interesante de equipos participantes, contaremos con dezaseis equipos en cada categoría. Serán escadras de Ferrol e comarca ademais de equipos punteiros a nivel galego e dos equipos desta Sociedade. O dia 5 desenrolarase a competición Alevín e o domingo seis será o dia dos Benxamíns.

Despois da primeira edición do Torneo de Fútbol Base organizado por esta Sociedade, tanto o éxito de participantes, coma os parabéns recibidos, puxeron ao Narón Freixo nunha difícil encrucillada: seguir polo mesmo camiño ou darlle unha orientación distinta ao Torneo nesta 2ª edición; e desa decisión xurde este II Torneo de Fútbol Base Narón Freixo, un proxecto moi ambicioso que tentaremos consolidar en próximas edicións para ser un referente no Fútbol Base Galego.