Bo comezo de tempada para os tres equipos da S.D.C.R. Narón Freixo que participaron na primeira edición do Torneo de Fútbol Sala Base Mixto Concello de Narón , organizado A Fervenza F.S.F e celebrado no pavillón das Lagoas.
O noso Benxamín C despois dunha dura fase clasificatoria, chegaba a final onde se enfrontaría a un Parrulo moito mais rodado nesta categoría, despois dunha igualadisima primeira parte, a maior experiencia na categoría do equipo ferrolán foi determínante para que os do Parrulo se impuxeran o Narón Freixo que desenvolveu unha magnifica competicion e que deixou ver que vai ser un equipo que acadara uns interesantes resultados durante a tempada que xa esta a piques de comezar.
O Benxamín B que debuta este ano na categoría, acadou a 6ª posición por detrás de escadras moito mais rodadas e con mais experiencia, sobre todo tendo en conta que os nosos solo levan 15 días adestrando xuntos.
O Alevín do Narón Freixo non foi menos e despois dunha magnifica competición impúxose na final por 7 a 3 o Esteo das Pontes, resultado final que non nos debe levar a pensar que foi un partido doado senón todo o contrario, onde os nosos tiveronse que empregar a fondo para poder lograr o triunfo neste Torneo.
Equipos Participantes
Benxamin C
Benxamin B
Alevin