I FASE SELECCIÓNS COMARCAIS

 

I FASE CAMPIONATO DE SELECCIONS COMARCAIS SUB-12

 

O 6 de decembro, disputouse en Dumbría a I FASE DO CAMPIONATO DE SELECCIÓNS COMARCAIS NA CATEGORÍA SUB-12, onde a selección de Ferrol, estivo representada por BRUNO GONDAR RODRIGUEZ e SERGIO PRADOS FERNANDEZ, na categoría masculina e por OLIVIA SAAVEDRA BARBERO, MARIA DIAZ FUNCASTA e CANDELA GOMEZ SEOANE.

 

O primeiro partido, enfrontou a selección de Ferrol femenina contra a selección de Lugo, onde as rapazas da cidade departamental, disputaron un gran encontro, e conseguían impoñerse por un 8 a 2, con unha actuación destacada das rapazas do NARON FREIXO, onde OLIVIA acadaba catro tantos e CANDELA, conseguía anotar un.

Na categoría masculina, os nenos conseguían un empate a dos tantos, nun partido moi disputado frete a selección de LUGO.

Nos seguintes encontros, a selección femenina acabada un meritorio empate ante unha das favoritas, a selección de Pontevedra, nun partido moi disputado que remataba sen goles e a selección masculina, conseguía impoñerse por tres goles a un, a selección da Costa da Morte.

Unha boa actuación da selección de Ferrol nesta primeira fase, rematando a competición imbatida en ambas categorias.