I CAMPUS VERANO 2018. SABADO, 14 DE XULLO

O sábado comezaba o día con partidos en Río Seco. Mundialito, para despedir o noso I CAMPUS VERÁN NARÓN FREIXO – LSA. Despues da comida, tocaba gozar dos inchables instalados para a ocasión en Rio Seco.

Para o final, entrega de diplomas a todos os participantes do CAMPUS.

Desde a directiva da SDCR NARÓN O FREIXO, queremos dar as grazas a todos os que fixeron posible que esta primeira edición, saíse adiante. Moita traballo, pero estamos moi contentos co resultado. Mención especial merecen os adestradores que estiveron esta semana traballando cos nenos e que conseguiron que gocen do fútbol e das diferentes e variadas actividades. Grazas a LSA polo seu apoio e colaboración, estamos seguros que non é máis que o comezo dun CAMPUS, que para o ano volverá con máis novidades.

Nada máis pola nosa banda, agradecer a todos os que puxeron o seu granito de area para que esta experiencia multidisciplinar haxa saído adiante. Esperamos e desexamos que os nenos e nenas gozasen de cada un dos días e grazas aos pais pola vosa confianza no noso proxecto.

Feliz verán