Esta pasada fin de semana catro dos nosos deportistas pertencentes á sección de kickboxing participaron no campionato galego de ring que se celebrou na cidade de Ourense.
Os resultados do campionato foron excelentes, sobre todo tendo en conta que tres deles eran debutantes sobre o ring.
Rubén Iglesias Fernández proclamouse campión galego na modalidade de lowkick 63,5 kg, gañando na final ao que era o campión galego nese peso e modalidade o pasado ano 2019, o seu irmán Adrián Iglesias Fernández, gañou o campionato na modalidade de lowkick 67 kg, ambos debutaban sobre o ring. O outro debutante, Unai García Conchado volveu co título de subcampión galego de fullcontact 63,5 kg. Borja Blanco Lestayo proclamouse campión galego na modalidade de lowkick 81 kg.
Desde o noso club queremos felicitar aos nosos competidores e animarlles enerxicamente xa que esta próxima fin de semana participarán no campionato galego de tatami, que tamén secelebrará en Ourense, acompañados doutros catro compañeiros que se sumarán á expedición. Moita sorte guerreiros.