O Equipo da S.D.C.R. NARÓN FREIXO adestrado por MARCO e CARLOS, conseguiu a clasificación como segundos de grupo para a FASE FINAL DA III COPA GALLAECIA INFANTIL que vaise disputar o vindeiro sábado, 15 de xuño despois da victoria frente o Bergantiños e a derrota ante o VICTORIA C.F. que foi o lider do grupo.
Primer partido S.D.C.R. NARON FREIXO 4-0 BERGANTIÑOS C. B.
Partido pouco disputado, cun dominio constante do freixo, que a pesar de estar algo impreciso mantivo a posesion do balon e creaba unha ocasion tras outra, chegando con vantaxe de dous goles ao descanso gracias aos tantos de Maria Allegue e Clara. O segundo tempo seguiu na mesma tonica aumentando a renta cos tantos de Laura e Maria Allegue de novo, finalizando asi un partido bastante completo das xogadoras do Freixo.

Segundo partido VICTORIA CF 3-1 S.D.C.R. NARON FREIXO
No segundo partido da xornada as xogadoras do freixo enfrentaronse ao equipo lider do grupo. Facendo honor ao seu liderato ás xogadoras do Victorias comezaron enchufadas o partido, cunha alta presión e gran intensidade, chegando aos poucos minutos o primeiro gol á saida dun corner que transformaba Uxia. O freixo non era capaz de realizar o seu xogo combinativo debido á alta presion e numerosas precipitacions, e na primeira xogada que conseguiron combinar, grazas a unha gran accion colectiva protagonizada por Maria Diaz pola banda esquerda, esta finalizaba cun centro raso e potente que a piques estivo Olivia de rematar ao segundo pao. Antes do descanso o Victoria contaria con outra ocasion que seria rechazada polo travesaño. Na segunda metade viuse un xogo todavía mais revolto, de novo Uxia conseguia marcar para o Victoria cun disparo dende a frontal que entraba por riba na meta do Freixo. Conseguiria recortar distancias Laura para o Freixo nunca accion indidual a 5 minutos do final dando esperanzas polo menos para empatar o encontro, pero aparecia na seguinte xogada a xogadora do Victoria Sharon para poñer o 3-1 no marcador e rematar asi co partido.
Ao final da xornada confirmabase o meritorio segundo posto do grupo para as xogadoras do Freixo só por detras do Victoria C.F. B, clasificándose para a fase final que se disputará o sábado 15 de xuño en Carballo, na que de seguro realizarán un gran papel.
So nos queda FELICITAR a todas as xogadoras, así como o corpo técnico polo gran Campionato que están a realizar e agradecer o EUME, F.S, GALICIA DE MUGARDOS, GALICIA DE CARANZA, C.C.R.D. PERLIO, ESTREIRO,F.S. e A FERVENZA, F.S.F. pola desinteresada colaboración e as facilidades para que as xogadoras dos seus clubes, poidan participar neste Torneo. GRACIAS!!