FASE ASCENSO LIGA GALLEGA. BURELA – S.D.C.R. NARÓN FREIXO. PARTIDO DE IDA

Despois de conseguir o dobrete, alzándose coa Liga e a Copa de Ferrol, os infantís da S.D.C.R. NARÓN FREIXO, disputaban o domingo o partido de ida que dá opción a conseguir o ascenso a Liga Galega. O rival, O Burela, S.D.

No campo sintético da Maroxa, ás 12.30 horas comezaba o encontro de ida. Partido disputado de poder a poder entre ambos os conxuntos que buscan o ascenso directo.
Comezaba o encontro e os locais saían coas ideas moi claras, balón longo e esperar segunda xogada e no primeiros dez minutos tiveron dúas ocasións claras, a primeira, entrando pola banda esquerda e centro ao segundo pau, pero o remate sacábao Marcos cos pés e na segunda, pola dereita, de novo centro ao segundo pau e unha vez o porteiro visitante conseguía facerse co balón nunha nova intervención.

Con todo os visitantes conseguiron facerse co balón e empezaron a inquietar a meta local. Primeiro nun corner ao segundo pau, o balón cae a Berto que de espuela tenta un remate en área pequena, pero un defensor consegue sacar debaixo da línea de gol; na seguinte xogada, era David Pardo o que, dentro da área non conseguía bater ao porteiro local e nun segundo remate, de novo un defensor enviaba a saque de esquina o seu remate na mesma liña. O lanzamento do córner despexado pola defensa, deixaba o balón ao borde da área para que aparecese Keko e cunha espectacular bolea, enviase o balón ao fondo da portería local. Corría o minuto 24 de partido e os visitantes conseguían adiantarse no marcador e o que é moi importante nestas eliminatorias, marcar un gol fóra de casa.

Con todo, pouco durou a alegría dos naroneses. Nunha xogada por banda dereita, un novo centro ao segundo pau controlado por Adrian Fernández coa perna zurda e rematando ao pau dereito de Marcos onde nada pode facer para evitar o empate. Descanso na Maroxa e as espadas en todo o alto para a segunda metade.
Os infantís da S.D.C.R. NARÓN FREIXO, saíron dispostos a desfacer o empate e nada máis empezar a segunda parte, David Pardo gaña un balón en carreira ás costas da defensa, pero o seu disparo sae rozando o poste esquerdo da meta local e na seguinte ocasión cando se cumpría o minuto seis da continuación, de novo o dianteiro visitante, esta vez en xogada persoal, consegue escapar da marca dos dous centrais e na área, bate de disparo cruzado ao meta local, subindo o un a dous ao marcador.
Con todo os xogadores locais non viñeron abaixo e seguiron co seu xogo de balóns longos, aínda que empezaron a dominar un pouco máis o medio campo, así chegaron un par de ocasións nas que Marcos se tivo que empregar a fondo, cos pés nunha ocasión a remate ao borde da área e nunha boa palomita despexando a saque de esquina na seguinte, para asinar unha excelente actuación.

Os naroneses puideron pechar o partido nunha xogada por banda esquerda, onde a triangulación entre David Pardo e Keko, con centro deste último ao segundo pau, pero Adrian Ramallo atopábase en fóra de xogo e na seguinte xogada, eran os locais os que entrando por banda dereita, superaban á defensa visitante e un disparo desde o borde da área moi axustado á escuadra esquerda, superaba a boa estirada de Marcos e subía o empate ao marcador.
Cando parecía que o partido se pecharía con empate, un balón recolleito por Yago Martínez en tres cuartos de campo, cun forte disparo poñía o balón lonxe do alcance do porteiro visitante e subía o terceiro para os locais.


Gran encontro o disputado na Maroxa na mañá do domingo, con vitoria dos locais por tres tantos a dous, pero un gran resultado para os infantís do Freixo, para a volta que se disputará o vindeiro domingo, día 26 ás 12.00 horas no Estadio Municipal de Río Seco.

Non podemos pechar este artículo, sen dar as grazas a toda a familia da S.D.C.R. NARÓN FREIXO que foi a Burela no autobus e nos seus vehículos particulais a animar e apoiar os nosos infantis. MOITAS GRAZAS os esperamos o domingo 26 en Río Seco.

ALINEACIONES:

BURELA, S.D: 83. SANTIAGO CASAL, 26. RAFAEL CANCELOS, 29 IVAN MASEDA, 36. ADRIAN FERNANDEZ, 40. MATEO BALSEIRO, 43. YAGO MARTINEZ, 44. ALEJANDRO GAYOSO, 45. JOSE M. GUTIERREZ, 46. HUGO LESTEGAS, 47. FERNANDO YANES, 63. PABLO MENDEZ. SUPLENTES: 7. YAGO ARES, 31. PABLO BALSEIRO, 33. FRANKLIN ROBERT OLAYA, 35. ALEIXO GARCIA, 79. DIEGO LOZANO.

S.D.C.R. NARÓN FREIXO: 1. MARCOS RODRIGUEZ, 4. ALBERTO HERMIDA, 5. ISMAEL LÓPEZ, 10. IVÁN PÉREZ, 14. FELIPE MARTÍNEZ, 15. ANXO GRANDAL, 17. SERGIO PRADOS (KEKO), 18. BRUNO GONDAR, 20. DAVID PARDO, 22. ADRIAN RAMALLO, 24. DAVID RODRÍGUEZ. SUPLENTES: 7. GABRIEL CIOCCA, 8. ÁNGEL DEZA, 11. DIEGO ARIAS, 16. OLIVIA SAAVEDRA. 25. IKER VALLES.