Solo o podemos definir como espléndida a participación dos nosos equipos no II Torneo Mixto Cidade de Narón. Nesta edición participaron o nosos equipos benxamíns A e C e o equipo alevin.
Despois dunha magnifica competición os nosos equipos benxamíns tocoulles cruzarse en semifinais, e como solo pode pasar un, a vitoria pola mínima 3-2 do equipo A abriulle as portas da final na que se enfrontou o Parrulo A e na que despois dun emocionante encontro os do Freixo impuxéronse por 5 goles a 2 os da Malata.
O equipo alevin que competiu a un altisimo nivel durante os dous días impóndose o Parrulo A nas semifinais, tivo que enfrontarse a un durisimo rival coma é Guitiriz na Final onde perdeu diante dos de Lugo por un claro 1-6 .
Gran torneo o disputado por todos os nosos equipos que deixou ben as claras que os nosos equipos poden loitar de tu a tu contra calquera na liga que comezará nuns días.
Mención aparte merecen os nosos Biberóns que disputaron un partido de exhibición fronte as xogadoras do Fervenza, que sen lugar a dubidas foi un dos mellores partidos de todo o torneo.
BENXAMIN A
CAMPION
BENXAMIN C
SEMIFINALISTA
ALEVIN
SUBCAMPION
BIBERONS NARON FREIXO