Esta fin de semana xa houbo torneo

Esta foi unha semana

dura para varios membros do Narón Freixo, o noso adestrador Marcos Botana ainda ca dor roendolle a alma, despois de perder a sua avoa, non deixou sós ós seus nenos no Torneo do Val. Pero de ningún xeito podemos olvidar a Fina e Juan, corazón e alma deste equipo, ós que nesta semana a enfermidade levou do seu lado ó pai de Fina, e dende aqui só podemos dar todolo noso apoio a súa familia, e a eles que son os cimentos deste Narón Freixo.

Xa no aspecto deportivo, tres dos nosos equipos debutaron competindo no torneo que se desenrolou esta fin de semana nos campos de Sinde no Val. A sua sorte na competición foi dispar pero a sensacion deixada despois de só catro adestramentos foi excelente.

Os  Prebenxamíns de Marcos e Lois non conseguiron superala fase de grupos, notouse moito que son un equipo recén formado e que se enfrentaron a equipos mais rodados, ainda así sempre foron de cara, a pesar de encaixar tantos nos primeiros minutos e a piques estiveron de pasar a semifinais. Boísima impresión a dada por este equipo que ten moito que ofrecernos a partir de agora.

Os Benxamíns adestrados por Emilio e Ivan deron unha excelente imaxe neste torneo, competindo con equipos mais experimentados na categoría,  chegaron ás semifinais donde só a loteria dos penalties impediulles chegar máis lonxe. Excelente a imaxe dada por este equipo que de seguro nos dará grandes alegrias nesta e en próximas tempadas.

Cany, Cristobal e o seu equipo de Alevíns pasaron con solvencia á fase de grupos, a pesar de ser un equipo recén formado e con só duas semanas de adestramento, pero nos cuartos de final atoparonse cun equipo moito mais rodado e experimentado que freou a súa progresión no Torneo. Impresionantes en moitas fases do xogo, son un equipo con moitísimo que ofrecernos no futuro mais  inmediato.

 p1140418

dsc_0562

p1140514