DOUS OUROS E OITO BRONCES PARA A NOSA SECCIÓN DE KICKBOXING EN LAREDO

O pasado día 29 de febreiro cinco dos nosos competidores desprazáronse á localidade cántabra de Laredo para participar na primeira sede da liga nacional Road to Glory. Alí medíronse a outros equipos de parte da xeografía española volvendo cun total de dez medallas.

IKER VILLAR SÁNCHEZ fíxose co ouro na modalidade de pointfighting e o bronce en kicklight e lightcontact na categoría cadete menor -47kg.

JHON SALES DÁ SILVA pelexou na modalidade de lightcontact nun peso superior ao seu -63kg ao non ter rival obtendo un bronce moi traballado e en kicklight en -57kg conseguindo o mesmo resultado, todo iso na categoría junior.

PAULA VILLAR SÁNCHEZ gañou a modalidade de kicklight junior -70kg e obtivo a medalla de bronce en kicklight senior -70kg e en lightcontact junior -70kg aínda que nesta decidiu non pelexar a semifinal para poder chegar ben ao Grand Champion de kicklight (sen límite de idade nin peso a partir de 16 anos e 60 kg) onde finalmente caeu en primeira rolda aínda facendo un bo combate.

ADRIÁN IGLESIAS FERNÁNDEZ pelexou en lightcontact senior -63kg e no Grand Champion masculino de kicklight -69kg conseguindo dous bronces do mesmo xeito que o seu irmán RUBÉN IGLESIAS FERNÁNDEZ que o fixo en kicklight senior -63kg e o Grand Champion de kicklight -69kg.

Bos resultados para a nosa sección na que foi a súa terceira semana seguida de competición, pero non a última xa que este fin de semana tres dos nosos deportistas (Paula, Rubén e Adrián) estarán pola mañá en Miño nunha concentración para a formación do equipo autonómico que representará a Galicia no campionato de España. Pola tarde oito dos nosos competidores participarán no torneo de tatami Costa Ártabra que se celebrará na mesma localidade con entrada gratuíta a partir das catro da tarde e xa pola noite a partir da dez haberá unha velada onde o noso campión galego de lowkick e kicklight Rubén Iglesias pelexará sobre o ring na modalidade de lowkick e o peso pactado de 64kg. Parabén a todos e sorte para esta fin de semana.