CRONICA NARON FREIXO – O PARRULO BENJAMIN

NARON FREIXO – O PARRULO BENXAMIN

 

Adiantada a última xornada de liga na categoría Benxamin, os nosos pequeños do Freixo enfrontábanse ao Parrulo, nun duelo que, ía dicir o liderado e deixaba ao vencedor a un paso do título.


ADESTRADOR; NANI. DELEGADO: SANTI. XOGADORES: DIEGO CASTRO, RUBEN PIÑON, DANIEL BARROS, IAGO ROZADOS, MATEO PITA, SERGIO TAJES, CARLOS GONZÁLEZ, DIEGO LÓPEZ, JAVIER VAZQUEZ y DIEGO REY.

O partido, non defreudó. A diferenza do partido de ida que terminou con empate a cero no marcador, nesta ocasión, os goles estaban por chegar.

Os primeiro minutos foron de tenteo e a igualdade reinaba na pista; con todo, nun lanzamento desde media distancia, o porteiro local non consegue facerse co balón que acaba chegando ao fondo da rede. Con todo, os locais non se foron abaixo, todo o contrario e en tres minutos conseguiron darlle a volta ao partido, primeiro despois de un rexeite que o xogador local manda a mesma escadra e despois, era o porteiro visitante o que non era quen de atallar o esférico, para chegar ao descanso por diante con dous tantos a un.


O comezo da segunda parte, foi moi similar ao da primeira. Dous equipos moi igualados, loitando por chegar ás áreas, con todo, ningún conseguía finalizar con éxito a ocasións creadas e os porteiros, acababan impoñéndose. Con todo unha xogada de contragolpe local, conseguía poñer distancia e práticamente sentenciar o partido a falta de seis minutos.
 

Pero en partidos con tanta igualdade, nada se pode dar por pechado ata o final e a falta dun minuto, os visitantes conseguían acurtar distancias e poñer o 3 a 2 final.

Un gran paso para o equipo benxamín do FREIXO, que lle deixa nunha posición de privilexio, aínda que lle obriga a gañar o último partido para proclamarse campión de Liga.