CRONICA DO XXI TORNEO INTERNACIONAL DE FUTSAL DE LUARCA

Rematou xa o XXI Torneo Internacional de Futsal de Luarca, unha cita que un ano mais reuniu a mais de 150 equipos participantes, e xa consolidado coma un referente internacional no que a Futbol Sala se refire. Onde un ano mais, e xa van un cantos, o Narón Freixo acadou meter a algún dos seus equipos nunha final, este ano non se puido traer ningún trofeo de campión, para poñer nas estanterias do noso local da Rúa Vespasante, pero sí bos recordos que permanecerán para sempre no noso corazón, e a certeza de que dende a nosa humildade e limitados recursos podemos estar loitando de tú a tú con equipos dun grandísimo nivel tanto nacional coma internacional.

Comezou a competición para os nosos equipos, o Benxamin “B”, foi o venres ás 10 h, co partido que o enfrontou ó CD Racing La Paloma de Madrid, equipo de gran fortaleza física co que os nosos acabaron perdendo por 6 a 2. O seguinte partido do Benxamín B disputárono ás 20:50 do venres contra o Toleball Sala de Toledo, aquí os nosos, nun partido moi igualado non conseguiron pasar dun empate a dous que os apeaba da competición. Este ano foi un curto recorrido polas pistas de Luarca para un equipo que nos acostumara a ter moi bos resultados neste torneo do occidente astur. Agora a descansar e disfrutar do sol e do verán para volver con forza na pretemporada.

 

img-20150707-wa0024O alevín foi o noso seguinte equipo en competir, tocoulle loitar nas pistas de asfalto
contra o Rocham FS “B” de Madrid que venceu aos nosos con un contundente 8-1, deixando claro porque chegou as semifinais do torneo. Non foi ata o sábado pola maña cando os nosos xogaron o seu segundo partido, nesta ocasión o rival foi o UD El Porve de Tenerife, empate a tres tantos foi o resultado final, que apartaba o noso equipo da posibilidade do pase a cuartos de final. Gran esforzo o feito polos nosos xogadores pero o avultado resultado do primeiro encontro e ter que agardar un día enteiro para disputar o segundo, condicionounos para poder acadar metas maiores.

 

 

Non foi ata o venres ás 20:50 cando o Benxamín “A” entrou en competición, foi contra o equipo local do Valdes Atl CF “A” e a pesar do traballo e esforzo dos nosos o resultado final foi de 1-7 para os asturianos. Tivemos que agardar ata o sábado ás 10:50 para que os nosos disputasen o seu segundo encontro, foi contra o E.D.M.F.S. Camargo Herrera de Cantabria, 9-0 foi o resultado favorable para os cántabros, que o final acadarían o Subcampionato da categoría. Fortes cruces os que lles tocaron aos nosos, pero de seguro que con un ano mais de adestramentos no vindeiro Torneo as cousas de seguro que cambian.

 

 

Deixamos para o final o noso Prebenxamín, non por ser o último en entrar en competición, senón por que foi o que mais lonxe chegou. O primeiro rival dos nosos foi o duro equipo portugués de Sporting Clube Torres, dificil rival ao que se lle gañou por un apremado 2-1. Mais doado foi o encontro do sábado pola maña que enfrontou os nosos co equipo de A Veiga CF de Asturias que cun resultado de 13-0 deixou ben ás claras que equipo merecía a clasificación para as semifinais. A semifinal disputouse a tarde do sábado contra o CD Racing La Paloma de Madrid e o resultado de 4-7 meteu aos nosos na Final do domingo que nos enfrontou ó CD Lealtad de Villaviciosa, tremendo partido non apto para cardíacos o que puido verse no Pavillón “Pedro Llera Losada”, os asturianos comezaron adiantándose con 4 tantos na primeira parte, que poñían aos de Narón contra as cordas, pero unha segunda metade de ensoño con tres goles a prol do Freixo fíxonos soñar coa vitoria final que non puido ser, xa que os do Lealtad impuxéronse por 5 goles a 3. Subcampionato para os nosos, que ben puido ser algo máis, e Trofeo ao mellor xogador prebenxamín do Torneo para o noso xogador Miguel Burgos Ramos. Grandísimo torneo o disputado polo equipo adestrado por Nani, que logrou que un ano máis o Narón Freixo estivese nas finais de Luarca e poder levar o nome do Narón Freixo con orgullo polo mundo adiante.

 

 

 

 

 

 

 

 

Dende a Directiva do Narón Freixo queremos agradecer a tódolos nenos, e as súas familias que día a día fan posible que este soño leve xa en pe case 25 anos e siga a medrar ano tras ano, moitas grazas a todos e agardamos a vindeira tempada por todos vos para seguir a disfrutar do fútbol de verdade.