CRONICA DO S. D. C. R. NARÓN FREIXO “C” Vs RACING DE FERROL

NARON FREIXO C -RACING DE FERROL (Benxamin)

Estadio de Río Seco, Sábado 10 de outubro

Partido complicado o que se presentaba para os pequenos benxamins do noso club e máis cando aos tres minutos, Lucas Martínez subía o primeiro ao marcador a favor do Racing.

 Con todo, os nenos do Freixo non se viñeron abaixo e aos sete minutos, conseguían empatar o partido ao culminar Miguel unha xogada de contraataque moi ben levada desde o centro do campo que, tras facer a parede con Iker Villar, deixáballe só para bater ao porteiro. Foron os mellores minutos, que dispuxeron de dúas oportunidades de adiantarse, pero na primeira, o defensa quitoulle o balón do pe a Miguel cando se dispoñía a disparar dentro da área e na segunda, o mesmo Miguel, disparaba frouxo ás mans do porteiro racinguista.

O Racing espertou e no seguintes tres minutos, do nove ao once, marcou tres goles. Primeiro, no nove, Lucas Castro culmina unha xogada persoal pola banda esquerda con disparo alto que entraba polo primeiro pau; no dez, unha xogada por banda dereita, resolvíaa Felipe con disparo dentro da área, despois de varios rexeites e no minuto once era Lucas Martínez, o que subía o cuarto para o equipo ferrolán, cun disparo desde a frontal.

Os do Narón Freixo, sufriron a presión e no minuto dezaseis, Felipe recolle un balón perdido na esquina dereita da área e bate de forte disparo por alto a Rubén, que nada pode facer. Os ferroláns fóronse definitivamente no marcador, no minuto 20, con remate de cabeza de Pablo Menéndez a centro de Lucas Castro, no 21 un remate no segundo pau de Pablo Veiga, a un novo centro de Lucas e no 22, de novo Pablo Menéndez de forte disparo desde o bordo da área que chega a tocar Rubén, pero non logra evitar que se coe na portería. Duro pau para os pequenos do Freixo, que se van ao descanso cun 1 a 9 en contra, despois de pelexar durante toda a primeira parte.

Co partido sentenciado, o segundo tempo transcorreu na mesma tónica e no minuto 33. Olivia, conseguía bater a Rubén, despois de que este, rexeitase o primeiro disparo e de novo no 38. Olivia remachaba na área pequena, unha xogada do equipo ferrolán. Con todo, os nenos do Freixo non baixaron nunca os brazos e Miguel, no minuto 41, acurtaba distancias ao culminar de forte disparo, unha galopada polo centro do campo. Lucas Castro, pechaba o encontro cunha galopada, esta vez por banda dereita, que culminaba batendo ao porteiro do Freixo polo pau curto, desde dentro da área.

 

 

ALINEACION O FREIXO. BENJAMIN C