CRONICA DO S. D. C. R. NARÓN FREIXO “B” Vs S.D. RAPIDO DE NEDA

 NARON FREIXO B -NEDA (Benxamin)

Estadio de Río Seco, Sábado 10 de outubro

Bo partido dos benxamins B o disputado o sábado no estadio de Río Seco.

 Aínda que, o primeiros quince minutos foron moi igualados, con chegadas de ambos os equipos, o gol fíxose esperar ata o minuto 18, cando Ulises conseguiu bater a portería do Neda por primeira vez.

No últimos cinco minutos, intensificouse a presión dos locais e froito diso, Ulises, en dúas ocasións, minutos 20 e 22, conseguía poñer distancia no marcador antes do final do primeiro período.

Os primeiros minutos do segundo tempo, foron un calco do primeiro período, ata que, novamente Ulises, conseguía perforar a portería do equipo visitante, que non lograba sacarse a presión dos locais. María, tivo un par de ocasións, pero a boa actuación do porteiro visitante, evitou que se subise un novo tanto ao marcador. Houbo que esperar ata os minutos 38 e 39, para que Sergio Otero, subise o quinto e o sexto ao marcador local.

Os rapaces de Neda, non se renderon en ningún momento e pelexaron durante todo o partido e nos minutos finais, conseguiron recortar distancias, primeiro con gol de David Seoane e no minuto 49, Adrian, deixaba o 6 a 2 definitivo no marcador.

.

 

ALINEACION NARON FREIXO. BENXAMIN B