CRONICA DO PARTIDO ENTRE OS NOSOS DOUS EQUIPOS ALEVINS.


descarga

NARON FREIXO B -NARON FREIXO A (ALEVIN)

Estadio de Río Seco, Sábado 24 de outubro

A sexta xornada de liga no grupo B da fase previa na categoría alevín, enfrontaba en Río Seco aos equipos A e B do Freixo que chegaban empatados a puntos e coa intención de seguir sumando para colocarse na párte alta da clasificación.

O partido comezou con dominio dos pequenos, chegando nun par de ocasións, cunha falta escorada lanzada por David Pardo, ben atallada por Rubén e un lanzamento de corner, que o porteiro resolveu con seguridade. Con todo, no minuto 7, un balón solto na área que non acerta a despexar a defensa local, permite a Richi empuxar o balón ao fondo da rede e subir o 0-1 no marcador.

Os pequenos, non se renderon e ben colocados sobre o terreo de xogo, seguían dominando, ata que, unha falta lanzada por David Llera, coábase por alto sen que Rubén puidese facer nada; era o minuto 11 e o empate cara a xustiza ao xogo de ambos os equipos. Só un minuto despois, unha cesión complicada ao porteiro visitante, é aproveitada por Hugo Castro, que dentro da área cede a David Pardo que dispara superando ao porteiro e Yerai logra despexar a corner na mesma liña de gol.

Os visitantes, empezaron a tocar o balón saíndo desde atrás e, cos locais moi encima, empezaban a superar a presión e o medio campo visitante empezaba a crear máis xogo. No minuto 17, unha falta escorada por banda dereita do ataque do equipo A do Freixo, é despexada por Aitor e cáelle na perna esquerda a Sete que remata á rede, desde o bordo da área pequena. De aí ao final da primeira parte, dominio alterno, con moita pelexa no medio campo e con escasas ocasións de gol, salvo unha falta lanzada polos alevíns de segundo ano, que Aitor despexa a corner.

O segundo tempo, comezou como acabou o primeiro, moito xogo no medio campo, sen dominador claro, pero co equipo visitante un pouco mais arriba. Os locais, xa non chegaban con tanta claridade e a pelexa no centro do terreo, provocaba moitas interrupcións. No minuto corenta, un erro defensivo, aprovéitao Dani para roubar na frontal e disparar a porta, ante o que nada pode facer Marcos. O terceiro sobe ao marcador.

No últimos dez minutos, o dominio dos alevíns A intensifícase e Marcos ten que intervir nun par de disparos desde a frontal que consegue blocar sen maiores problemas. Os pequenos, co equipo envorcado para conseguir recortar distancias, no último minuto, recibiron unha contra despois dun balón perdido no medio do campo que consegue levar Doce e cunha galopada, plántase na área e cruza o balón ao fondo da rede.

Final dun partido moi disputado, con moito xogo no medio campo, no que os Alevíns A, levaron os tres puntos e colócanse terceiros na táboa. Os Alevíns B, quedan con seis puntos en metade de táboa, pero cun partido menos.

ALINEACIONS

 

descarga